Lume, unha invitación a preguntarnos de onde nace a violencia

O Centro Cultural Municipal acolleu hoxe a presentación de Lume, a obra de José Luis Baños de Cos que resultou gañadora do certame de textos de teatro xuvenil Roberto Vidal Bolaño na súa quinta edición.

Acompañando ao autor estiveron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e a secretaria do xurado do premio, Raquel Castro, así como unha representación do equipo directivo do IES Ribeira do Louro, que xunto coa editorial e o Concello do Porriño impulsan este certame.

É a segunda vez que Baños se impón no Vidal Bolaño, pois xa no ano 2020 o fixo coa obra A cámara escura. Desta vez, o xurado decidiu por unanimidade outorgalle o premio por ser unha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.

O autor mostrouse "moi contento de estar de novo no Porriño e agradeceu ao Concello do Porriño, á Editorial Galaxia e ao IES Ribeira do Louro que organicen este premio, que creo que é moi importante para o arraigo do teatro na xente nova. Por iso oxalá sexan moitas máis edicións" .

Sobre Lume destacou o valor social do texto, cuxa verdadeira protagonista é a violencia, cada máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas, e en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. "Hai temas que hai que tratar", afirmou, sobre todo cando nos diriximos á mocidade e aproveitar ferramentas como o teatro non só para facer arte senón tamén para educar.

No mesmo sentido se manifestou Raquel Castro, que destacou que Lume está aliñado cos obxectivos deste premio "xa que un deles é achegar a actualidade social aos mozos e mozas e a violencia social está moi de actualidade", lamentablemente. Salientou tamén que José Luis "manexa con destreza a linguaxe que o une ao público ao que se dirixe, como xa demostrou coa outra obra premiada A cámara escura".

Francisco Castro destacou unha vez máis a relevancia deste premio, único na dramaturxia xuvenil, que xa se consolidou como un referente e agradeceu o respaldo do Concello do Porriño e a iniciativa do IES Ribeira do Louro.

Por último o alcalde, Alejandro Lorenzo, lembrou a importancia de obras como Lume "que achegan o valor do respecto aos mozos e mozas a través do teatro e crean conciencia". Lorenzo reiterou o apoio do Concello do Porriño a este certame, cuxa sexta edición se atopa en marcha xa.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos