Luces, música, acción: arranca unha semana de Entroido no Porriño

No Porriño xa está todo listo para dar a benvida ao Entroido e desta vez dunha maneira moi especial: co acendido das primeiras Luces de Entroido que dará paso a unha semana de festas con propostas para todas as idades, música, animación moita cor e ritmo. Será mañá ás 19 h na praza Arquitecto Antonio Palacios e os encargados de premer o botón que acenderá a vila serán os nenos e nenas gañadores do III Concurso de Carteis de Nadal, Carmen –a autora do cartel do Entroido 24-, Lucas, Xiana, Mara, Carla, Naira, Xabier, Johan e Icía. Mara, en nome de todos os seus compañeiros e compañeiras convidou a “todo o mundo a acompañarnos neste momento e dar benvida xuntos ao Entroido do Porriño”.

O fixo no acto de presentación da programación de Entroido que tivo lugar esta mañá no Concello e no que tamén estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo , concelleiros e concelleiras, os nenos e nenas gañadores do concurso de carteis, hostaleiros, comerciantes, asociacións e como non podía ser doutra maneira, os pregoeiros e pregoeiras destas festas: os usuarios e usuarias de AFAGA. Como xa anunciamos, subirán ao balcón da casa consistorial a dar o inicio oficial do Entroido do Porriño o sábado 10 ás 12 h. “Para nós é unha honra e fainos moita ilusión e unha forma fantástica de festexar o noso 30 aniversario”, explicou Jesús María Andrea, terapeuta ocupacional da unidade de AFAGA no Porriño, “O Entroido é unha festa atemporal, na que non hai idades e na que nenos e maiores ilusionámonos e celebramos xuntos”.

Na mesma liña se manifestou o alcalde, que confesou sentirse “especialmente emocionado porque todos e todas, dende os máis pequenos aos maiores, disfrutemos xuntos da nosa vila e da vida, enchendo de cor O Porriño”. “Para min é unha honra que os nenos e nenas poñan a luz e os maiores queden para sempre na historia do Porriño e na nosa memoria”, concluíu o rexedor.

Lorenzo destacou que este ano volvemos facer historia cunha participación masiva nas actividades. “Serán 19 comparsas e máis de 1700 participantes os que desfilen polas rúas do Porriño o sábado –ás 18 h- e o martes -19 h-, ás so nos queda pedir que a choiva nos respete e nos deixe vivir a tope este momento”, engadiu concluíndo coa expresión que xa non pode faltar en ningún acto secundada por todos os presentes: “VIVA O PORRIÑO, VIVA O ENTROIDO DO PORRIÑO”.

Na programación atópase tamén o tradicional Xogo da Ola, que este ano chega á súa 80 edición, o velorio e enterro da Sardiña que pechará como cada ano o pasarrúas “Lume” de Troula , animación de rúa, festas e obradoiros infantís, concertos de La Patrulla, Gin Toni´s, América de Vigo, Dj´s ... entre outras.

Podedes consultar de maneira actualizada e descargar toda a programación na seguinte ligazón: https://ecultura.net/

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos