#HoradoPlaneta O Porriño apagará a iluminación do Concello de 8 e media a 9 e media da noite sumándose á Hora do Planeta para denunciar os efectos do cambio climático

Moitos lugares do globo súmanse este sábado á ‘Hora do Planeta’ (Earth Hour), impulsada polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) na que o ano pasado participaron milleiros de cidades de 187 países do mundo que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios icónicos para chamar a atención sobre a perda de biodiversidade que está a causar o cambio climático.

O Porriño súmase a esta iniciativa, xunto con 447 concellos de toda España, 22 deles en Galicia- como Vigo, Nigrán,Marín, Pontevedra, Sanxenxo, Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña ou Ferrol - centos de organizacións de decenas de miles de cidadáns, e de 8 e media a 9 e media da noite deste sábado a iluminación do Concello estará apagada nun xesto que servirá para “conectarse con el planeta”, sinala a alcaldesa.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=GIAmZ7127DI

Eva García de la Torre subliña o feito de que, como advirto o Fondo Mundial para a Natureza e os datos científicos e os investigadores, dende biólogos a hidroclimatólogos, “como estamos a comprobar, vivimos o período máis cálido da historia, con vagas de calor e secas debido ao cambio climático que, ademais, é xa unha causas máis salientábeis da perda de biodiversidade”.

Por iso, anima a todas as veciñas e veciñas do Porriño a secundar este chamamento e durante esa hora- de 8 e media a 9 e media da noite deste sábado- a apagar as luces da casa e sumarse a este xesto.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria