@festivaldecans abre a convocatoria de obras a concurso para a súa XV edición

O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición  do 23 ao 26 de maio de 2018, abriu este martes, díia 26 de decembro, a súa convocatoria de obras a concurso que, sinalan dende a organización “presentará moitas novidades con respecto á edición anterior”.

Entre as pezas que se poderán presentar, que deberán de ser de produción galega e realizadas entre 2017 e 2018, atópanse as curtametraxes de ficción e de animación, así como os videoclips como ven sendo habitual, pero sumarase unha sección novidosa á competición con respecto ao ano anterior.

Será a sección "Furacáns", centrada nas obras de non- ficción e que buscará visibilizar as curtametraxes de creadoras e creadores que asuman maiores riscos narrativos. Esta sección xa foi testada con enorme éxito de público na pasada edición, aínda que foi programada a partir de invitacións cursadas directamente polo festival a directoras e directores. Este ano, a sección será por vez primeira competitiva, e terá un premio de 1.000€ , que otorgará un xurado específico creado para avaliar estas obras.

En total serán 7.900€ os que o Festival de Cans repartirá entre as obras premiadas, buscando impulsar a creación das novas e novos creadores audiovisuais de Galicia. Ademáis da categoría "Furacáns", o festival otorgará entre os seus premios principais 2.000€ á mellor curtametraxe de ficción, 1.500€  ó premio do público e 1.500€ á mellor curtametraxe de animación. A maiores recibirán premios económicos ata completar a cantidade final, as categorías de videoclips e as de mellor realización, mellor guión, mellor interpretación femenina e mellor interpretación masculina. As bases completas do concurso e os premios en cada categoría poden consultarse na web www.festivaldecans.gal.

Outra novidade é que por vez primeira, o Festival de Cans habilitará na súa web un apartado para poder inscribir de xeito gratuíto as obras. Tamén segue manténdose a opción da plataforma www.festhome.com, para quen desexe facelo a través desta vía, cun prezo de 2 euros por cada obra inscrita. O Festival de Cans abre a porta a que creadoras e creadores inscriban libremente obras como documentais e mesmo longametraxes, webseries ou outros formatos, dándolle preferencia na selección a aquelas obras que non fosen estreadas polo momento en Galicia. En base ao material recibido, o Festival de Cans decidirá a incorporación de novas seccións paralelas que poidan enriquecer a programación do festival.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria