Excelentes sensacións despois do primero fin de semana do "Pinchorriño"

Hostaleiros participantes, a asociación patronal "ACIPOR" como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten "excelentes sensacións" despois do primeiro fin de semana do "Pinchorriño". Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía.

"Algún deles ó venres tarde xa fixo 500 tapas, ainda que a media foi de 300 a 400 consumicións por día e establecemento", apuntaron desde "ACIPOR".

Lembremos que a consumición mínima é de 1,50 € e que as tapas servense os venres e sábados entre as sete da tarde e as once da noite, ó longo de novembro.  Os clientes que participan reciben unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poden concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un e, ademáis como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino”, valorada en 150 €.

"ACIPOR" informou que encargara a impresión de 18.000 trípticos do "Pinchorriño" que conteñen o pasaporte e que se distribuen a través dos 36 establecementos  participantes. 

Pola súa banda Sergio Casal, concelleiro de Comercio expresou "a satisfaccion do Concello pola dinamizacion que supón para a vila a celebracion do Pinchorriño que permete converter un mes morto como era novembro no mellor mes para o sector de hostalaría de Porriño". 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos