Eva Garcia eloxiou o Festival de Cans como "distintivo da identidade do Porriño"

A alcaldesa Eva Garcia eloxiou ao Festival de Cans como "distintivo da identidade do Porriño, é de todos nós" e como sinal desa condición referiu o recente acordo unánime da corporación municipal que decidiu dobrar a achega que o Concello outorga para a organización deste evento. Concretamente de 20.000 a 40.000 euros que recibe neste ano.

A rexedora lembrou primeiramente na súa intervención que hai un ano "afrontamos unha situación inédita coa pandemia" e significou que o Festival de Cans "foi quen de ter a valentía de facer unha proposta moi responsable e levar a cabo a edición de 2020, co apoio de institucións e patrocinadores que estivemos ao voso lado". Eva Garcia sinalou que o Festival de Cans "é tan importante que nós que temos unha vida política tan azarosa e belixerante, especialmente no Porriño, fomos quen de poñernos de acordo de xeito unánime, para duplicar a achega que lle da o Concello ao Festival de Cans", referiu a a alcaldesa.

Pola súa banda, Cami Moreira, concelleira de Cultura agradeceu a colaboración entre o Concello e a asociación "Arela", organizadora do certame audiovisual, "polo seu bo dispor". A concelleira reivindicou que o Festival de Cans "coma a canle que nos transmite coñecementos e ideas, tradicións e costumes que nos identifican como 'jalpón', como parroquia, que nos identifican como pobo, como país e como planeta".

Pola súa banda, Alfonso Pato, director do certame manifestou que este ano o Festival de Cans afronta esta edición coa perspectiva das tres erres: " Responsabilidade; Resistencia e Rebeldía". Pato explicou que o Festival de 2021 recuperar espazos tradicionais coma este Torreiro de Cans onde nos atopamos e que volverá reunir coloquios e encontros como o que protagonizará o historiador Ian Gibson, e todo con aforamentos reducidos como faremos cos chimpíns para axeitarnos aos protocolos Covid", rematou o director do evento. No acto de presentación do XVIII Festival de Cans asistiron Roman Rodríguez, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia que lembrou a importancia deste certame “para o desenvolvemento do audiovisual na nosa comunidade” e Vitoria Alonso, deputada delegada que reivindicou o apoio da Deputación de Pontevedra que “inclúe ao festival de Cans no abeiro do programa Rías Baixas Film Fest que patrocina o organismo provincial.

Adxuntamos díptico coa programación do Festival de Cans 2021 

Documentos relacionados
NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.