Este domingo Porriño acolle a proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", a festa gastronómica dos "Cachos" e a última xornada da Feira do Libro

A proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", organizada polo clube "Máster da Louriña" e patrocinada polo Concello de Porriño e Deputación Provincial, contará finalmente cunha inscripción de 350 participantes. O dorsal número 1 será para o ex-ciclista profesional Gustavo Rodríguez, actualmente adicado ó triatlón, que nesta edición recibirá unha homenaxe especial polos organizadores.

A proba partirá dende o Concello de Porriño onde estará tamén a liña de meta. Cubrirá unha distancia de 130 kilómetros dos que 83 serán cronometrados. Tamén haberá outras duas probas complementarias de medio fondo e mini fondo sobre distancias de de 95 km e 71km, respectivamente que reunirán perto de 200 participantes.

A alcaldesa Eva García realizará a entrega de maillots e premios ós gañadores das diferentes categorías, ó termo da competición.

Por outra banda na mesma praza Arquitecto Antonio Palacios continuará e rematará este domingo a IV Feira do Libro que conta con 8 stands de librarías. Hoxe haberá tamén cinco presentacións de libros entre os que destaca Ledicia Costas que firmará exemplares da súa última obra, "Infamia e outros libros". A Feira do Libro de Porriño pechará ás 21 horas.

E finalmente hoxe domingo 12 de maio tamén terá lugar a festa gastronómica dos "Cachos". Organizan a Asociación de Hostaleiros do Porriño e a Asociación Veciñal San Benito e San Sebastian, coa colaboración do Concello do Porriño.

Segundo relata a web del departamento de Cultura do Concello de Porriño, a historia deste evento festivo ven de lonxe.

"Remóntase á resistencia porriñesa para evitar a entrada dos franceses na vila. Para conmemorar aquel momento histórico levantouse un cruceiro en Porriño e, ao redor del, foi crecendo un barrio que se converteu nun dos máis emblemáticos da localidade. Honrando ao Cristo dos Afligidos comezou a celebración dunha festa en maio e aos elementos relixiosos fóronse sumando outras actividades de lecer, entre elas, a parte gastronómica coas centolas como protagonistas; un marisco que aquí chaman “cachos” como se coñece desde entón ao propio barrio. Esta festa foi gañando fama nos arredores, con todo, a principios dos 80 fóronse perdendo seguidores, ata desaparecer. Hai uns anos, e grazas ao apoio da Administración, os veciños recuperárona e para que non volva desaparecer, edición tras edición, esfórzanse por ter unha programación máis atractiva"

Haberá “cachos” (centolas), ademais tamén se poderán degustar polbo, rosca, rosquillas, pan e viño, a partir de mediodía como poden ver na imaxe do cartel que adxuntamos.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria