Diversos eventos da programación de Nadal para esta fin de semana

O Concello do Porriño anuncia diversos eventos da programación de Nadal que terán lugar a partires do venres 27 e durante a  fin de semana.

Ademáis do Mercado de Nadal que finalmente vaise celebrar sábado e domingo na rúa peonil -do que xa informamos noutra nova nesta mesma páxina web-, haberá oito actividades máis, segundo confirma a Concellería de Festexos.   

O venres 27 teremos o Concerto das Maimiñas e as Panxoliñas e Noemí Fernández. "Maimiñas" é o dúo formado polas profesoras de música: Lucía Lago, "Mai", e Irene Álvarez Lago, "Miña"  que visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría. A partires das 18 horas no escenario instalado na praza do Concello. E a continuación delas, actuará a cantante porriñesa Noemí Fernández. Ven de quedar subcampeona na final do "Tour Music Fest", certame europeo de novos valores musicais celebrado este mesmo mes en Roma. 

O sábado 28 haberá obradoiros infantís. Na praza do Arquitecto Palacios en quendas de mañan (11 h a 14h) e de tarde (de 17 a 20 h). Tamén o sábado teremos o desfile da Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, a partires das 19 h, por diversas rúas da vila. E finalmente o sábado haberá o "Festival de Dj's" previsto na carpa do Roxy, desde as 23 horas.

O domingo 29 haberá outros dous obradoiros infantís en quendas de mañán (de 11 a 14 h.) e de tarde (de 17 h. a 20 h.).

Asimesmo o domingo 29 teremos a visita do Apalpador, patrocinada pola Deputación, que estará cos nenos e as nenas do Porriño a partires das 19 horas, percorrendo diversas rúas da vila.  

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos