Dez horas de música urbana en directo no Porriño

O aparcadoiro da rúa Progreso acolle dende primeira hora da tarde o Negrita Music Festival

O Porriño, 6 de setembro de 2025.- O Porriño volve ser por terceiro ano consecutivo a única parada en Galicia do Negrita Music Festival que pechará a xira nacional a vindeira fin de semana en Barcelona. O aparcadoiro da rúa Progreso acolle a milleiros de persoas dende primeira hora desta tarde concertos de maneira ininterrompida de artistas de música urbana liderados por Yung Beef, cabeza de cartel desta edición, que se prevé suba ao escenario ás 22.15 horas.

"O Negrita Music Festival, igual que outros eventos que xa se teñen celebrado no noso concello —e os que están por vir—, son unha mostra clara do atractivo que representa O Porriño para as promotoras a nivel nacional. Cada vez son máis as que ven na nosa vila un auténtico fervedoiro cultural, cun público entregado e unhas condicións únicas para acoller grandes citas musicais e culturais. E iso é motivo de orgullo para todos os porriñeses e porriñesas".

West SRK abrirá o festival, ás 16.15 horas, ao que seguirán Xiyo & Fernández ás 17.15h, Cyril Kamer ás 18.15 horas, La Pantera ás 19.30 horas e Hard GZ sobre as 20.45 horas. Logo da actuación de Yung Beef, será a quenda de Groove Amigos B2B Traffic House (23.20 h), seguido de Alvama Ice (00.00 h) e pechará Galician Army a partir das 01.00 horas.

O Negrita Music Festival consolídase un ano máis como un referente da música urbana en Galicia, escollendo novamente O Porriño como única parada na Comunidade. Ademais de traer artistas de primeiro nivel e ofrecer unha xornada de música continua, o evento serve como pistoletazo de saída ás Festas do Cristo, reforzando o papel do municipio como epicentro cultural e festivo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.