Detectado un aumento de furtos de carteiras en días de mercado

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, informou hoxe que se detectou un aumento significativo de furtos de carteiras os martes de mañá, coincidindo co mercado semanal. Nas últimas semanas notouse un repunte importante, chegando a denunciarse ata catro ou cinco furtos nalgunha xornada.

A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, traballan de forma coordinada para tratar identificar aos presuntos autores destes feitos e evitar que sigan producíndose estes actos delictivos no municipo.

Desde a concellería de Seguridade Cidadá chaman a tomar certas precaucións para non ser vítima dos carteiristas:

O lugar predilecto dos carteiristas son os espazos cheos de xente, nestes lugares somos vulnerables ao roubo, polo que é moi importante abrir os nosos ollos, ter as nosas pertenzas sempre ao noso alcance e non confiar o absolutamente ningún descoñecido que se achegue demasiado a nós con calquera pretexto.

Nunca saias de casa cun bolso que non pecha ben ou que permite o fácil acceso ás túas pertenzas. Estes son os favoritos dos carteiristas.

Se utilizas mochila, lévaa sempre no peito en lugar das costas, desta forma terás sempre a vista posta nas túas cousas mentres estás nos espazos onde es propenso ao roubo.

Se usas bolsos o mellor é levalos cruzados e ben agarrados a ti, desta forma evitas que alguén poida pasar correndo e arrincalo do teu ombreiro. Ademais convén pechar ben o bolso e levar sempre a nosa man encima del.

Cando prepares o teu bolso e mochila, coloca os obxectos de valor abaixo, no fondo do mesmo. Así se un carteirista tenta roubarche non conseguirá acceder facilmente a eles, senón que se atopará na superficie con cousas sen valor (unha botella de auga, un xersei, unha bufanda, etc).

Se levas unicamente a carteira e o móbil, o mellor é telos sempre nos petos dianteiros do teu pantalón, ao teu alcance. No peto traseiro resultan moi fáciles de extraer polos carteiristas profesionais.

Atención cando falas con estraños, non deixes en ningún momento as túas cousas nin che distraias. Os carteiristas, ademais de actuar en lugares públicos, moitas veces van en grupos de dous ou tres e abordan ás persoas con distintas técnicas de distracción para roubar as súas pertenzas. É importante manterche alerta das túas cousas.

É necesario que esteas pendente do que ocorre ao teu ao redor. Moitas veces os carteiristas seguen ás súas vítimas durante un bo tempo ata que descobren un momento no que son vulnerables para atacar.

Se descobres a un carteirista en pleno acto, non temas gritar e chamar a atención da xente. Estes adoitan actuar en lugares públicos polo que ao ser descubertos foxen de inmediato. A discreción é o seu maior arma, ante a evidencia non reaccionan de forma violenta senón que prefiren escapar sen ser identificados.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos