"Contos de mel" esperta o interese pola apicultura entre o alumnado de primaria

A XXXVII Feira Apícola Rías Baixas arrancou esta mañá no Parque do Cristo cunha proposta educativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria: "Contos de Mel de Galicia". Trátase dunha actividade organizada polo Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia, coa colaboración da Concellería de Educación e da OMIX do Porriño, que busca achegar ao estudantado os valores e coñecementos da apicultura dun xeito lúdico e formativo.

A xornada, estruturada en dúas sesións, ofreceu ao alumnado a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo das abellas: coñecer de preto o funcionamento das colmeas, descubrir os múltiples beneficios da apicultura e desfrutar dunha degustación comentada de mel galego con indicación xeográfica protexida.

Un total de 186 estudantes dos centros CEIP Cruz-Budiño, CEIP Antonio Palacios, CPR Hermanos Quiroga, CEIP Atios, CPR Santo Tomás, CEIP Fernández López e ACEESCA participaron nesta experiencia formativa, divididos en grupos para garantir unha participación activa e adaptada ao ritmo de cada sesión.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de apoiar este tipo de propostas: "Iniciativas como esta son fundamentais para que o noso alumnado coñeza e valore o traballo que hai detrás dun produto tan noso como o mel galego. É unha forma de educar en valores, respecto polo medio ambiente e tradicións que forman parte da nosa identidade".

Engadiu tamén un agradecemento á comunidade educativa: "Quero agradecer especialmente a implicación de toda a comunidade educativa do Porriño, sempre disposta a participar nas actividades que organizamos desde o Concello."

Pola súa parte, a concelleira de Educación, Carolina González, puxo en valor a colaboración entre institucións: "Desde o Concello traballamos para ofrecer unha educación complementaria e enriquecedora fóra das aulas. Grazas á colaboración co Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola, hoxe conseguimos que os estudantes aprendan dunha forma lúdica e participativa".

A cita foi un éxito de participación e serviu como antesala perfecta para o resto de eventos que compoñen a programación da XXXVII Feira Apícola Rías Baixas, que continuará mañá sábado con novas actividades abertas ao público en xeral.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria