Concello e Deputación ultiman o proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-2041 que une o centro urbano con Torneiros e Mosende

O Concello do Porriño ultima coa Deputación de Pontevedra o proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2401, que une nucleo urbano do Porriño con Mosende.  A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra,  Isabel Couselo, reuniuse co alcalde do Porriño e tamén deputado provincial, Alejandro Lorenzo, para incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que vai redactar o servizo provincial de Infraestruturas.

En liñas xerais, realizaron un percorrido pola estrada provincial e estudaron as diferentes alternativas para avanzar na construción dunha vía máis segura para o tránsito peonil. Deste xeito, tal e como avanzaron, está previsto que o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-2401 incorpore actuacións de humanización desde Torneiros cara Mosende. O proxecto de mellora deste vial trátase dunha das principais demandas e prioridades trasladadas polo alcalde do Porriño en canto ás estradas provinciais que atravesan a vila. “Trátase dunha estrada moi transitada, que cada día utilizan moitos veciños de Torneiros, Mosende e do centro urbano e que non dispón dunhas beirarrúas en condicións que garantan a súa seguridade. En moitos tramos son demasiado estreitas, noutros nin existen”, explicou o rexedor, “É algo que levamos moitos anos demandando e que urxe, polo que é unha gran nova que se poña en marcha este proxecto”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria