COMUNICADO SOBRE A ACOLLIDA NO PORRIÑO A 40 PERSOAS MIGRANTES EN RESPOSTA Á EMERXENCIA HUMANITARIA

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, mantivo hoxe unha xuntanza co responsable da ONG Diversidades e presidente de Red Acoge, Santiago González, e a directora xeral de Red Acoge, Lucía Maquieira, para coordinar entre ambas entidades a atención que se presta ás 40 persoas migrantes que foron acollidas no municipio e mostrar a disposición do Concello do Porriño a contribuír no que sexa preciso.

Tras a xuntanza o Concello do Porriño e a Federación Red Acoge queren trasladar o seguinte á veciñanza:

Agradecer á cidadanía do Porriño a súa resposta exemplar, mostrando a súa solidariedade como ten acontecido ante outras emerxencias humanitarias.

Salientar que o Programa de acollida a persoas migrantes conta cos recursos precisos para dar cobertura ás necesidades básicas polo que NON SE REQUIREN DOAZÓNS de roupa, comida ou outros enseres. No caso de detectarse necesidades concretas faríase un chamamento especificando as mesmas. Neste programa de resposta humanitaria as organizacións sociais acompañan ás persoas acollidas cunha atención integral e especializada, con acollida temporal, cobertura de necesidades básicas e equipos interdisciplinares que inclúen tradución, orientación e asistencia xurídica, atención psicolóxica e psicosocial ou asistencia sanitaria para asegurar as condicións necesarias nesta situación de emerxencia.

Facer un chamamento a que se RESPECTE A PRIVACIDADE DAS PERSOAS ACOLLIDAS, non invandindo o espazo no que se atopan nin expoñéndoas públicamente. Trátase de xerar un entorno seguro sen que sexan sometidos a exposición, unha cuestión fundamental no proceso de acollida e inclusión tendo en conta o contexto de alta vulnerabilidade e violencia de quen se viu forzado a a migrar. Debemos garantizar un entorno seguro que favoreza a igualdade de trato e a condena social ao discurso que criminaliza e estigmatiza ás persoas que atravesan esta situación.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos