Comezan as rebaixas no Porriño con descontos e regalos para os consumidores

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), coa colaboración do Concello do Porriño e da Xunta de Galicia, está xa mergullada na campaña de Rebaixas de verán.

Ata o 16 de xullo as persoas que merquen ou consuman nos 114 establecementos asociados a ACIPOR nas datas da campaña, poderán participar no sorteo de 3 tarxetas regalo Morea de 50€, 150 bolsas da compra 15 carros para a compra. A forma de participar é rexistrar o tiquet de compra na web de Morea: ccamorea.es.

O mércores 17 de xullo terá lugar o sorteo ás 20:30 horas na sede de ACIPOR, e a listaxe cos premiados será publicada nas redes sociais de Morea, Facebook CCA Morea e Instagram cca_morea_acipor, para que poidan recoller os premios.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a campaña xunto co director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, e coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, e visitaron algúns dos establecementos de ACIPOR.

“O noso comercio local goza de moi boa saúde e iso é en parte polo gran labor dos/as  nosos/as comerciantes que ofrecen unha amplísima gama de produtos da mellor calidade e tamén pola resposta incondicional da veciñanza, que valora as vantaxes de mercar no seu pobo”, apuntou o rexedor, convidando a todo o mundo en “aproveitar esta campaña e beneficiarse dos descontos propios das rebaixas e tamén dos moitos premios que poden gañar”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos