Os clubs deportivos súmanse ás Festas do Cristo con exhibicións ao aire libre

As Festas do Cristo do Porriño traen máis de 100 eventos e actividades no mes de setembro, moitas delas deportivas. Hoxe o Club Balonmano Porriño abre a serie de presentación dos clubs deportivos do concello para esta tempada. A base fará unha exhibición a partir das 18:00 horas na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

O obxectivo é dar visibilidade aos clubs e á súa labor deportiva e social especialmente cos rapaces e rapazas e, deste xeito, animar á rapazada e aos seus pais e nais a que formen parte dalgún dos clubs. “Practicar un deporte é unha maneira moi boa de socializar, aprender o traballo en equipo, o valor do esforzo e da recompensa -que non ten que ser gañar un partido, senón pasar un bo rato e facer amigos”, salienta Abel Estévez, concelleiro de Deportes. Alejandro Lorenzo, alcalde, anima “a toda a  mocidade a facer deporte e gozar de todo o bo que nos aporta”.

Nos vindeiros días veremos exhibicións da Unión Deportiva Atios (mañá, 17), do Club Deportivo Pontellas (mércores, 18) e do Club Patín Porriño (venres, 27).

Ademais, a praza do Arquitecto Antonio Palacios acollerá o Torneo de Baloncesto 3x3 as tardes dos días 25 e 26 de setembro.

Toda a programación deportiva e cultural das Festas do Cristo pódese consultar na web do Concello ecultura.net.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.