Chenlo

A parroquia de San Xoán de Chenlo é a que se atopa máis elevada e a maior distancia do centro urbano. Esténdese ao longo das faldras do Monte Castro, na Serra do Galiñeiro.

Parece ser que foi fundada preto do Castelo de Chein, construído no século XIV e actualmente desaparecido. Noutrora foi sede do arciprestado da Louriña.

Chenlo é quizais a parroquia do Porriño onde a natureza se atopa en estado máis virxe, e está conformada por fragas e campos que salvan os fortes desniveis de terreo. As vistas do Val da Louriña dende esta parroquia son espectaculares.

Un dos recunchos máis fermosos da parroquia atópase nas Filgueiras. Nun contorno de gran beleza e interese natural encóntrase un conxunto de sete muíños de auga rehabilitados, que amosan diferentes tipoloxías arquitectónicas.

De Chenlo tamén destacan as súas vinte e dúas cruces de pedra distribuídas por toda a parroquia, entre os que destacan as da Ladeira e a Escusa, así como o peto de ánimas de Canadelo.

 

A igrexa parroquial foi edificada no ano 1775 e reconstruída en 1942.Trátase dun pequeno pero fermoso edificio con fermosas vistas do val, xunto ao que se ergue a casa reitoral.

En 1924, Chenlo constituíuse como entidade local menor, unha das nove que existen en Galicia na actualidade.Conta cun alcalde-pedáneo elixido nas urnas cada catro anos, coincidindo coas eleccións municipais.

A entidade local menor ten unha pequena sede con biblioteca pública.

Barrios: As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, Filgueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, Penedo, O Pomariño, Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar.

Advocación: San Xoán

Festas populares:

San Xoán, 24 de xuño.

Neno Xesús, terceiro domingo de agosto.

lnmaculada Concepción, 8 de decembro.

CHENLO. FERVENZA DE SAN XOAN Q55A7564.jpg
CHENLO. FERVENZA DE SAN XOAN Q55A7553.jpg
CHENLO. MUINOS DE CHENLO Q55A7571.jpg
NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.