Charlas de prevención da violencia psicolóxica ao alumnado dos centros de ensino secundario

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Concellería de Educación promoveron un ciclo de charlas de prevención da violencia sicolóxica dirixidas a mozas e mozos, alumnos dos centros de ensino secundario que se están a impartir durante esta semana.

Hoxe, a concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiu ao IES Pino Manso para seguir unha desas charlas que imparten Elena Gómez Amoedo, técnica superior en promoción de igualdade de xénero; Daniel Rodriguez González e Tania González Iglesias, funcionarios adscritos á unidade de policía xudicial de violencia de xénero en O Porriño.

A concelleira faloulles ás mozas e mozos de que presten “moita atención ás recomendacións destes técnicos e que ao menor indicio ou síntoma de que poidan estar sendo obxecto de violencia psicolóxica que reaccionen denuncien”.

O obxectivo destas charlas é formar os alumnos e alumnas na problemática da violencia de xénero e facilitarlles ferramentas para a detección, a prevención e a intervención fronte aos malos tratos físicos e psicolóxicos á muller, especialmente por parte das súas parellas. Así mesmo, abordase a problemática dos malos tratos no noivado e entre adolescentes.As charlas están a desenvolverse nos centros IES PINO MANSO, IES RIBEIRA DO LOURO, CPR STO. TOMAS e CPR HNOS. QUIROGA. En total serán 97 as alumnas e alumnos participantes, con idades entre os 14 aos 16 anos.

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.