O campión do mundo, Pablo Dapena, padriño do IX Tríatlon Concello do Porriño

Este sábado O Porriño convertirase na capital galega do Tríatlon cunha das súas probas estrela. O Concello do Porriño, coa colaboración do Concello de Tui, organiza este sábado a novena edición do Tríatlon Concello do Porriño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez, o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos, e o padriño da proba, o campión do mundo Pablo Dapena.

Pablo Dapena, padriño do IX Tríatlon Concello do Porriño

O triatleta pontevedrés conta cun importante palmarés na súa traxectoria deportiva: foi Campión do Mundo de Tríatlon de larga Distancia en 2018 e Subcampión do Mundo en 2019. Tamén Subcampión de Europa en 2018 e bronce dúas veces no Campionato Europeo de Ironman 70.3, no 2019 e 2022.

Dapena destacou que se ben coñece ben as rúas do Porriño pola súa participación noutras probas non fixo nunca este triatlón “e cando me poñe máis en forma seguramente veña aquí a participar, pero é unha verdadeira honra apadriñar esta proba que é todo un referente do tríatlon galego”.

No mesmo sentido se manifestou o concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez, incidiendo en que “é unha proba de referencia en Galicia, sobre todo no coidado das transicións” e tamén destacou “a sorte de contar colaboración co Concello de Tui para poder disputar a proba no Miño, un encrave inmellorable, polo que sempre estaremos enormemente agradecidos”.

O seu homólogo en Tui, Rafael Estévez, respondeu indicando que “O Porriño contará sempre con Tui para realizar esta proba” e quixo agradecer a todos os que participan da organización tudense na proba,  “empezando polo Comandante Naval do Miño, que sempre colabora na organización. No río ese día haberá  9 embarcacións e 15 piraguas, socorristas e buzos para asegurar este tramo, quero destacar o labor de Protección Civil, Club Kayak Tudense, Club Remo do Miño, Club Remo de Tui, Piragüismo Penedo e o Club Inclusivo do Baixo Miño”. Estévez destacou tamén, que no tramo de estrada hai 41 cruces e garantir a seguridade require de moita xente, “temos que dar as grazas pola súa  colaboración de todos os clubs que, ademais da Policía Local,  participan para asegurar este tramo,  como a Peña Club Biciosos das Rías Baixas, Locos polas Bicis”.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos, salientou a alta participación deste evento que roza os 200 deportistas e animou á xente a participar e tamén a disfrutar como público.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, pechou a presentación agradecendo “a todos os que participan na organización desta proba que na súa novena edición está máis que consolidada no calendario galego e se converteu en todo un referente do Tríatlon”. Lorenzo agradeceu aos voluntarios e voluntarias que se volcan para facer posible esta proba, ao Concello de Tui “pola súa inestimable colaboración” , Policía Local e Protección Civil do Porriño, aos técnicos de deporte de ambos concellos e ao Club Atletismo Porriño - Tríatlon. O rexedor concluíu convidando á veciñanza do Porriño e da contorna “a achegarse e disfrutar do espectáculo que ofrecen os triatletas, dannos cada ano unha lección de superación, esforzo e deportividade”.

O Tríatlon comezará en Tui, como cada ano, cun tramo de 750 metros de natación no río Miño, nas inmediacións do porto deportivo. O tramo en bicicleta percorre 20,2 kilómetros, entre Tui e O Porriño, e a carreira pedestre de 5 kilómetros disputarase no casco urbán do Porriño.

Os/as deportistas gañadores/as de cada categoría e xénero recibirán, ademáis do trofeo, 150€, 100€ e 50€, para o primero/a, o segundo/a e terceiro/a clasificados/as, respectivamente. O primeiro clube masculino e feminino tamén recibirán 200€.

Tríatlon Mini para os cativos e cativas

A cativada poderá participar no Tríatlon Mini, unha proba para rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos. Os participantes terán que ir acompañados en todo momento por un adulto, e deberán nadar 25 metros na piscina do pavillón municipal do Porriño, 700 metros en bicicleta ata a Igrexa de Santa María, e a carreira de 300 metros a pé ata a plaza do Arquitecto Antonio Palacios. Esta proba terá lugar o mesmo sábado 8, ás 11:00 horas. En cada unha das disciplinas esperarase a que tódolos participantes estén listos para comezar.

Participantes Tríatlon Mini Concello do Porriño 2023

Inscricións para o IX Tríatlon Tui Porriño

A inscrición para o Tríatlon Tui – Porriño está aberta ata o 5 de xuño na web triatlonconcellodoporrino.com; e para o Tríatlon Mini, directamente na piscina do pavillón municipal do Porriño ou no teléfono 986 34 44 20.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos