Budiño prepárase para acoller a elite do ciclismo de montaña co V Trofeo XCO e o VIII Mini BTT Concello do Porriño

O Porriño converterase unha vez máis en epicentro do ciclismo de montaña coa celebración do V Trofeo XCO Concello do Porriño e o VIII Trofeo Mini BTT Concello do Porriño, que terán lugar os días 12 e 13 de abril de 2025 nos montes de Budiño. O evento, que contará con máis de 700 ciclistas participantes e unha previsión de 2.000 asistentes, foi presentado onte pola tarde no Centro Cultural A Forna de Budiño polo alcalde Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes Abel Estévez, o presidente da AD Avanza, David García, e un numeroso grupo de ciclistas do club, que quixeron acompañar o acto.

A proba de XCO, incluída no calendario da Real Federación Española de Ciclismo, celebrarase na tarde do sábado 12 e está dirixida a participantes de 12 anos en diante, puntuando para o ranking nacional. Pola súa parte, o Mini BTT, incluído no calendario da Federación Galega de Ciclismo, desenvolverase na mañá do domingo 13 e estará destinada a nenos e nenas menores de 12 anos.

O alcalde Alejandro Lorenzo destacou a importancia do evento para o municipio. “Esta proba consolídase ano tras ano como unha cita indispensable no calendario deportivo do Porriño. Supón un impulso non só para o deporte base e de competición, senón tamén para a dinamización económica e social do noso concello, especialmente na parroquia de Budiño.”

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, puxo en valor o traballo organizativo e o nivel de participación. “Falamos dun evento que reunirá a máis de 700 deportistas e milleiros de persoas no entorno natural dos montes de Budiño. É un orgullo colaborar coa Asociación Deportiva Avanza para seguir facendo do Porriño un referente no deporte galego e estatal.”

Durante o evento habilitarase unha zona específica para equipos e carpas, na que estarán presentes técnicos, xuíces e persoal de apoio, garantindo o correcto desenvolvemento das probas e a seguridade de participantes e asistentes.

O Concello do Porriño convida á cidadanía a achegarse e gozar dunha fin de semana chea de deporte, natureza e convivencia.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria