Budiño

Budiño é a parroquia situada máis ao sur do municipio, e tamén a máis extensa. É sede dos polígonos industriais das Gándaras e da Granxa, e acolle tamén parte das canteiras de granito.

No barrio do Mosteiro atópase a igrexa parroquial de San Salvador, que formou parte dun mosteiro orixinario do século XI.

A igrexa sufriu importantes reformas no XVIII e no século XX, pero aínda conserva case intacta a capela Maior, datada nos anos centrais do século XII e de exquisito estilo románico.

No barrio do Casal pódese visitar a capela de San Antón. Trátase dunha sinxela capela rural onde destacan a solución do cuberto do lado sur, moi pouco común na rexión, e a figura escultórica do santo tallada na fachada. No muro do adro da capela existe un peto de ánimas do século XVIII.

Budiño conta con dous pazos. No lugar de Orbenlle, unha pontella de grande antigüidade permite os peregrinos salvar o curso do río Louro. No Cotiño rehabilitouse un conxunto de catro muíños de auga.

Nesta parroquia atópase o ecosistema das Gándaras, unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia, declarado como espazo protexido de interese natural.

Alí o río Louro forma unha lagoa cunha área pantanosa con flora e fauna únicas.

Tamén salientar a presenza nesta parroquia da impresionante mole granítica do Monte Faro.

Destacables son tamén os restos arqueolóxicos, dende dolmens ata anacos de cerámica campaniforme, atopados na zona logo de varias escavacións de urxencia realizadas hai anos co motivo da construción da autovía Vigo – Portugal.

Barrios: A Arrotea, Benunes, O Casal, O Cerquido, A Chan, Cortes, A Cruz, A Devesa, Os Eidos, Eiris, As Gándaras, Mantelle, O Mosteiro, Orbenlle, O Picouzo, As Rozadas, O Sanguío, O Sobral, O Toural, Trapa, Vacaría e Vitureira.

Advocación: San Salvador

Festas populares:

San Brais, 3 de febrero.

San Antón, 13 de Xuño.

Romaría do Monte Faro, terceiro domingo de xuño.

Santa Lucía, 13 de decembro.


san_salvador.jpg
Imagen Faro Budiño zoom.jpg
BUDINO. FARO DE BUDINO Q55A7846.jpg
NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.