Biscuits Galicia celebra 20 anos de innovación e expansión internacional desde O Porriño

Biscuits Galicia supera as 800 toneladas de produto comercializado e factura arredor de 4 millóns de euros anuais.

A exportación representa actualmente entre o 6 e o 7 % da facturación da compañía, coa previsión de chegar ao 20 % nos próximos anos.

O Porriño, 29 de abril de 2025.- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Industria, Carlos Martínez, acompañaron este luns á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na visita á planta de Biscuits Galicia, situada no polígono de As Gándaras, para celebrar o 20 aniversario da firma nada en Vigo hai dúas décadas.

Durante o acto, Ana Ortiz subliñou que “estamos ante unha empresa de referencia para o sector, modélica polo seu investimento en modernización tecnolóxica e tamén un exemplo de internacionalización”. A delegada destacou ademais o apoio do Goberno galego á compañía a través de proxectos de innovación organizativa, tecnolóxica e dos programas Re-Acciona.

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo quixo recoñecer o papel de Biscuits Galicia no tecido industrial do Porriño: "Biscuits Galicia é un orgullo para o noso concello. Representa á perfección os valores de innovación, esforzo e apertura ao exterior que queremos impulsar no Porriño. Empresas como esta son un motor fundamental para o noso desenvolvemento económico e para a creación de emprego estable e de calidade”, salientou.

Biscuits Galicia foi a primeira fábrica de galletas da nosa comunidade e en 2024 superou as 800 toneladas de produto comercializadas. Conta cun cadro de persoal de 26 traballadores e factura arredor de 4 millóns de euros anuais, elaborando tres familias de produtos: galletas e pastas para café, madalenas e masas brandas, e cracker. Ademais, a empresa está presente en toda España —especialmente no noroeste— e tamén en mercados internacionais como Portugal, Bélxica, China e Reino Unido. A exportación representa entre o 6 e o 7% da súa facturación, coa previsión de alcanzar o 20% nos vindeiros anos.

O concelleiro de Industria, Carlos Martínez, puxo en valor a traxectoria da compañía e destacou a importancia de apoiar o seu crecemento: "O éxito de Biscuits Galicia nestes vinte anos demostra que apostar pola modernización e pola internacionalización é o camiño para fortalecer o noso tecido industrial. Desde o Concello seguiremos traballando para apoiar ás nosas empresas e fomentar un entorno favorable ao seu desenvolvemento", explicou.

O Concello do Porriño felicita a Biscuits Galicia polo seu aniversario e reafirma o seu compromiso de apoio ás empresas locais que, como esta, son exemplo de innovación, internacionalización e crecemento sostible.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria