Aumento de consultas sobre violencia de xénero no CIM do Porriño: 2024 pecha co maior número de atención a mulleres

 

O Centro de Información á Muller rexistrou 1.094 consultas, cun notable aumento de 248 casos relacionados coa violencia machista

O ano 2024 incrementou a actividade no Centro de Información á Muller (CIM) do Porriño. O servizo, que se dedica a ofrecer apoio e orientación a mulleres en situación de vulnerabilidade, pechou o exercicio cun total de 1.094 consultas, das que 248 foron específicamente sobre violencia de xénero, o que representa un aumento significativo con respecto a anos anteriores.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a crescente conciencia social e a confianza das mulleres no CIM como factores clave deste aumento. "É positivo que cada vez máis mulleres se acheguen ao noso centro en busca de axuda e orientación. A violencia de xénero é unha lacra que non podemos permitir”, sinalou Lorenzo. “O aumento de consultas ten unha dobre lectura, por unha banda acredita que a violencia de xénero é unha realidade incuestionable que lamentablemente afecta a moitas mulleres”, engadiu o rexedor, “Pero tamén reflicte un maior empoderamento das mulleres, que están buscando a información necesaria para tomar decisións difíciles pero fundamentais. Saben que estamos aquí para axudalas".

En 2024, o CIM abriu 81 novos expedientes, a maioría deles relacionados con vítimas de violencia machista. As consultas abrangueron desde dúbidas sobre o procedemento de denuncia ata a necesidade de información sobre axudas económicas ou alternativas de vivenda. "A preocupación principal das mulleres segue sendo a vivenda, así como a capacidade de asegurar un futuro para os seus fillos e fillas", asegurou a concelleira de Igualdade".

Este aumento de consultas tamén coincide cunha tendencia crecente de mulleres que buscan saber cales son os seus dereitos e as opcións legais dispoñibles no caso de denunciar á súa parella. “Os datos amosan que, desde 2009, a cantidade de mulleres atendidas por violencia de xénero medrou de maneira continua, cun salto notable nos últimos anos”, explica a edil.

En 2024, o CIM atendeu 248 casos relacionados coa violencia machista, un incremento respecto aos 170 rexistrados en 2023. Esta tendencia é unha resposta directa á crecentes conciencia sobre a violencia de xénero e á confianza que as mulleres están a depositar nos servizos de apoio que ofrece o municipio. "O traballo do CIM é esencial, e seguimos comprometidos en garantir que as mulleres que sofren violencia machista atopen no centro un espazo seguro, de apoio e con recursos suficientes para reconstruír as súas vidas", concluiu a concelleira.

O Centro de Información á Muller do Concello do Porriño creouse no ano 2000 co obxecto de prestar un servizo integral ás mulleres do municipio, xerando para elas un lugar que lles servise de referente e no cal se sentiran apoiadas. Día a día o persoal do CIM traballa na procura do seu benestar e a demanda foi en aumento nestes 24 anos. Está constituído por dous departamentos: un xurídico e outro psicolóxico que traballan da man na procura dunha igualdade real e efectiva.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos