As xogadoras do Balonmán Porriño serán as pregoeiras das Festas do Cristo 2025

Beret, Sash!, Herdeiros da Crus, Panorama, París de Noia e o certame Tes talento, grandes citas musicais da programación que se prolongará ata o 5 de outubro coa Festa dos Callos

O alcalde Alejandro Lorenzo destacou a diversidade de actos pensados para todas as idades con concertos, deporte, comercio, monólogos, espectáculos e obradoiros, agradecendo a colaboración e implicación de asociacións, clubs deportivos e veciñanza

O Porriño, 5 de setembro de 2025.- As subcampioas de Europa de balonmán feminino serán as encargadas de dar o pregón das Festas do Cristo 2025. “É un orgullo inmenso contar coas xogadoras do Club Balonmán Porriño como pregoeiras das nosas festas. Son un exemplo de esforzo, constancia e superación. O que conseguiron na competición europea é histórico, pero máis alá dos resultados, o que máis admiramos é o seu espírito loitador. É un orgullo contar cunhas embaixadoras como elas, dentro e fóra da pista”, sinalou o alcalde Alejandro Lorenzo durante o acto de presentación das Festas do Cristo 2025 que contou coa actuación do grupo Acordecans. A mostra de orgullo e recoñecemento foi mutua porque as xogadoras tamén agradeceron o apoio que dende o Concello sempre se lles brinda “para nós é unha honra ser as pregoeiras destas festas, fainos moita ilusión e esperamos estar á altura”, sinala Alicia, unha das capitanas coa que coincidiu a súa compañeira, Aitana, que remarcaba que “despois dun moi bo ano é unha maneira de dar comezo a nova tempada, para nós esta é unha gran oportunidade”, á vez que animan á toda a veciñanza a participar das festas e tamén a acudir ao pavillón a ver os seus partidos.

A lectura do pregón será o sábado 27, ás 13.00 horas, e marcará o inicio da fin de semana grande das festas, pero ata entón xa serán moitas as citas culturais que se celebren incluídas na programación que se prolongará ata o domingo 5 de outubro, coa cita gastronómica por excelencia do Porriño, a Festa do Callos, que este ano chega a súa trixésimo segunda edición. "Un ano máis, O Porriño demostra ser unha vila chea de vida, cultura e participación. Estamos seguros de que as nosas festas, que se prolongan todo este mes de setembro e a primeira fin de semana de outubro, serán un verdadeiro éxito tanto pola diversidade dos actos programados como pola implicación da veciñanza, das asociacións e dos clubs deportivos”, explicou o alcalde.

Son en total 26 xornadas de festas con máis de 70 actividades dirixidas a todos os públicos e que abranguen dende actuacións musicais, deporte, expresión escénica e tamén accións de promoción do comercio local como pode ser a xa tradicional feira de Merca na rúa, os días 12 e 13, e a nova iniciativa de Noite aberta, o venres 19, celebrándose tamén este día a Festa Flamenca e o concerto de Xoana. A primeira gran cita musical será mañá co Negrita Music Festival e continuará o venres 26 cos concertos de Heredeiros da Crus e Beret, o sábado 27 actuará Sash! e o luns do Cristo Panorama e París de Noia amenizarán a máis grande das sete verbenas que pecharán o domingo 5 con El Combo Dominicano. O certame Tes talento?, a batalla de baile e concertos Summer Son Jam e o espectáculo infantil Cantajuego Coco y Pepe completan a axenda musical na que tampouco faltarán concertos de bandas de música. No ámbito deportivo, coma sempre os clubs deportivos estarán presentes con exhibicións e presentacións das diferentes modalidades: fútbol, baloncesto, patinaxe e aeromodelismo, destacando a celebración de eventos como La nocturna mañá sábado, o Dirt-Track Xacob Agra o domingo, a Interrunning o día 21, o Torneo de Xadrez o 23 e a Milla Porriñesa o 4 de outubro. A Festa do Peregrino, monólogos, obradoiros infantís, animación de rúa con batucadas e charangas e outras actividades completan o programa festivo.

“Desde o pregón ata a tradicional Festa do Callos, broche de ouro da programación, pasando polos concertos, actividades infantís, deportivas e iniciativas de apoio ao comercio local, viviremos momentos inesquecibles que reflicten o espírito participativo e dinámico do noso pobo. Quero agradecer de corazón a todas as persoas que traballan para facer posible esta celebración e, por suposto, á cidadanía por participar con entusiasmo e respecto. O Porriño está máis vivo ca nunca e estas festas son boa mostra diso. Viva O Porriño e viva o balonmán", rematou o alcalde.

Primeira fin de semana festiva con música urbana e deporte

Logo do espectáculo de ilusionismo de onte e o de marionetas que terá lugar esta tarde, ás 18.00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios, a programación continuará ao longo da fin de semana con importantes eventos deportivos. O Club de Aeromodelismo Furaventos celebra o sábado e o domingo o Furaventos Meeting, un encontro internacional que reunirá a medio cento de pilotos de España, Francia e Portugal no que se exhibirán grandes avións. Ademais, mañá sábado, a partir das 16.00 horas, terá lugar a proba ciclista La Nocturna polas rúas do casco urbano, e o domingo, ás 18.00 horas no velódromo municipal, disputarase o XX Dirt-Track Xacob Agra.

O Negrita Music Festival será a gran cita musical da fin de semana. Mañá a partir das 16.00 horas e ata a madrugada, no aparcadoiro da rúa Progreso, actuarán West SRK, Xiyo & Fernández, Cyril Kamer, La Pantera, Hard GZ, Yung Beef, Groove Amigos B2B Traffic House, Alvama Ice e Galician Army.

Tamén o sábado, ás 20.00 horas no Parque do Cristo, concerto do trompetista Manuel Mardanás e o domingo, á mesma hora, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, actuación “Nas tres linguas do Camiño” de Gustavo Almeida.

Toda a programación pode consultarse de xeito actualizado na web ecultura.net onde tamén se irán informando de posibles cambios debido, sobre todo, ás condicións meteorolóxicas, e irase publicando a diario nas redes sociais municipais.

De xeito paralelo, esta fin de semana Carracido celebra as festas na honra á Virxe dos Milagros. O sábado haberá verbena con Son de Cíes, o domingo misa solemne ás 12.30 horas con procesión acompañada pola Banda de Música Municipal do Porriño e o luns 8, ao mediodía, de novo misa con procesión coa Banda de Música Municipal de Redondela e pola tarde as tradicionais cucañas.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.