As últimas análises realizadas na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento no Contrasto sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo e pode empezar o 'enganche' á mesma de 83 vivendas

As últimas análise realizadas por el Consorcio de Augas do Louro na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento rematada hai unhas semanas no Contrasto, sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo.

Estas analíticas- realizadas entre os días 8 e 21 de xaneiro- eran necesarias para que os máis de 300 veciñas e veciños que viven neste barrio, no que apareceran refugallos de lindano, puidesen conectar as súas vivendas á Rede Municipal de Abastecemento.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, lembra que o Concello “asumiu, na súa totalidade e sen achega algunha da Xunta”, a extensión da Rede Municipal de Abastecemento a este barrio de Torneiros. Así mesmo, con cargo ao orzamento municipal, fixéronse acometidas a 83 casas.

O vindeiro luns, día 4 de febreiro, ás 8 da tarde, no local social da Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros, a alcaldesa manterá unha xuntanza coas veciñas e veciños do Contrasto e Pereira para explicarlles polo miúdo os pasos a dar para enganchar as súas vivendas á Rede Municipal de Abastecemento. Eva García de la Torre indica que “en tanto non se completen os enganches, o Concello seguirá garantindo o subministro de auga para beber, cociñar e para aseo a todas as persoas que viven neste barrio, como fixemos ata agora”.

Agardando

pola Xunta

A alcaldesa, logo de que o Concello do Porriño cumprise co compromiso que ela, persoalmente, adquirira cos veciños do Contrasto, "seguindo sempre as indicacións dos responsábeis de Sanidade e de Medio Ambiente da Administración Autonómica”, agarda que, “por fin”, a Xunta de Galicia asuma as súas obrigas.

García de la Torre salienta que as competencias en materia de medio ambiente, de xestión de residuos e en materia de salubridade “son exclusivas da Xunta”. Neste senso “o Goberno de Galicia ten que afrontar o problema da existencia de lindano soterrado en varios lugares do Porriño” e, insiste, “debe facelo cun plan que estea cuantificado e orzamentado e que teña coma obxectivo sinalar, en primeiro lugar, os barrios e parroquias que poden estar afectadas e, en base a elo, poñer en marcha unha resposta efectiva para acabar coa contaminación e acabar co risco para a saúde dos porriñeses”.

Máis

dun ano sen novas

A alcaldesa subliña que xa

pasou preto dun ano e medio dende que a Xunta comprometérase a ter un proxecto

de descontaminación para O Contrasto, “estaba

previsto telo en 2017, logo para Semana Santa, despois para o verán e xa

estamos en 2019 e non temos novas do Goberno de Galicia”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria