"As Mulleres fan Porriño" Interesantísimo coloquio con Leire Pajín, Carla Reyes e Carmen Avendaño

Leire Pajin, Carla Reyes e Carmen Avendaño compartiron as suas reflexions sobre a loita pola igualdade no coloquio que protagonizaron anoite dentro do ciclo “As mulleres fan Porriño”. As tres ponentes foron presentadas por Eva García, alcaldesa da vila quen agradeceulles a súa presenza no Centro Cultural Municipal así como ó numeroso público asistente.

Leire Pajín, ex ministra de Igualdade entre 2011 y 2012 definiu a situación actual como dunha "certa contradicción". “O vaso podese ver medio cheo ou medio baleiro”, dixo. “Resulta extraordinaria a fortaleza do feminismo grazas á conexión global entre millons de mulleres que producen movementos como “Me too” que xurdiou en USA cunha enorme transversalidade”. “Sen embargo aparecen inquedantes ameazas que pretenden dividir o movemento feminista, provintes de opcions políticas de ultradereita e de quén se prestan a normalizarlles como vimos de ver en Andalucía”, engadiu a ex ministra.

Pola súa banda, a xornalista Carla Reyes, colaboradora de TVG, Onda Cero e outros medios así como presidenta da asociación “Executivas Galicia” reivindicóu a importancia de que as mulleres accedan ó mercado laboral. “A independencia económica conduce ás mulleres á libertade de decidir o seu futuro incluso nas situacions de violencia de xénero por que poden emanciparse do seu opresor”, engadiu. A presidenta da asociación de directivas empresariais de Galicia lamentou que neste intre político "poida contaminarse a reivindicación das mulleres. “Dame moítima mágoa que a loita pola igualdade se teña convertido en arma arroxadiza entre os partidos nesta longa campaña electoral”.

Por último Carmen Avendaño, presidenta da Fundación “Érguete” relatou a súa particular loita pola igualdade dende a perspectiva das "nais contra a droga”, o movemento do que a activista viguesa ten sido adalid. “Éramos un grupo de nais de rapaces con adiccions que tivemos que facer frente a un problemón; tivemos que facer unha cátedra dende a ignorancia” dixo Avendaño quen tivo unha lembranza moi agarimosa coa porriñesa Dori, “un dos pilares de ‘Erguete’.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos