Arrancan as obras de reconstrución da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e seguridade

O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 700 m²

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, deu comezo xa aos traballos de reconstrución da capa de rodadura da céntrica rúa Fernández Areal, unha das arterias máis importantes da vila. O pavimento asfáltico actual, que se atopa en mal estado de conservación, será completamente renovado, tal e como demandaba a veciñanza desde hai anos. Segundo indicou o concelleiro, Ramón Porto, ao deterioro  do pavimento "era cada vez máis acelerado e esta intervención resultaba fundamental para mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios da vía”.

A rúa Fernández Areal é un vial cunha importante densidade tráfico rodado, xa que conecta o centro da vila co Centro de Saúde, o Pavillón Municipal, centros educativos e outros servizos clave para a veciñanza. O alcalde, Alejandro Lorenzo,  destacou a "urxencia" da actuación para asegurar que esta arteria non só mellore o seu estado de conservación, senón tamén para facilitar a circulación de vehículos e peóns, optimizando a seguridade e a mobilidade dos usuarios.

A intervención abarca tamén os camiños Fontevella e Pego, conformando un proxecto integral que mellorará a conectividade na zona. O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, o que supón unha superficie de actuación de 3.700 m².

As obras forman parte do primeiro lote de traballos dun proxecto global, cun orzoamento base de 105.545 euros. Este investimento ten como obxectivo garantir a mellora das infraestruturas viarias e a adecuación do espazo urbano ás necesidades da veciñanza e do tráfico actual.

A intervención está pensada para ser o menos invasiva posible, procurando minimizar as molestias aos veciños e garantir a continuidade dos servizos na zona. Non obstante, será preciso realizar cortes de tráfico en diferentes puntos. O xoves 30 de xaneiro de 2025, o tráfico permanecerá interrompido no Camiño Fontevella, dende Pío XII ata o cruzamento de Domingo Bueno con Fernández Areal. O venres 31 de xaneiro de 2025, restrinxirase a circulación na rúa Fernández Areal, no tramo comprendido entre Domingo Bueno e a intersección con Paz Varela

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos