Arístedes Carrera, coa colaboración do Concello, recolle nun libro a riqueza de Cans

O escritor Arístides Carrera, en colaboración co Concello do Porriño, presenta o seu libro “Cans”, no que recolle os nomes dos lugares, patrimonio e historia desta parroquia porriñesa.

Esta obra, da que se editaron 100 exemplares que o Concello do Porriño repartirá entre a veciñanza de Cans, é froito de moitos anos de traballo de  investigación, ao que este apaixoado da historia adicou o seu tempo libre.

“Considerando que podería resultar interesante amosar ante os veciños as riquezas que ten o noso territorio, propúxenme facer esta modesta investigación e recoller nuns libros a información relacionada con todos os lugares preto da zona onde vivo, para despois axudar ás persoas interesadas a gozar deste patrimonio natural que nos rodea”; explica o autor.  E é que `Cans´ forma parte da serie de seis libros `Nomes dos lugares entre O Porriño e Ponteareas´ que se completa cos volumes sobre Guláns, Cristiñade, Areas, Arnoso e Xinzo.

“Considero importante que as novas xeracións e o conxunto dos veciños teñan un amplo coñecemento das súas raíces"

Arístedes Carrera

“Fun recompilando e ordenando xeográficamente de forma rigorosa os nomes dos lugares de Cans e arredores, os coñecidos e os que desapareceron”, continúa,  “Considero importante que as novas xeracións e o conxunto dos veciños teñan un amplo coñecemento das súas raíces, da evolución histórica no seu territorio, das circunstancias polas que atravesaron os seus antepasados e incluso para non repetir os erros que puideron cometer”.

`Cans´, que rematou de escribirse un 26 de decembro, día do patrón da parroquia, Santo Estevo, presentarase no Festival de Cans o mércores 22, ás 21:30 h, no Torreiro de Cans.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos