Antonio Palacios, gran protagonista do desafío Eureka Reto Rural no Porriño

O novo desafío de ‘Eureka Reto Rural’ ten nome e apelido: Antonio Palacios. O arquitecto será o gran protagonista do escape room do Porriño, escenario da sexta proba desta iniciativa posta en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, un produto turístico diferente e orixinal co que achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.

Escape room no Porriño para coñecer a obra de Antonio Palacios

Este sábado 22 de xuño o centro do Porriño acollerá un encontro no que todas as persoas participantes poderán coñecer un pouco máis sobre a figura de Antonio Palacios coincidindo cos 150 anos do seu nacemento. Recoñecido a nivel nacional polo seu gran traballo, Palacios é un dos arquitectos máis ilustres de Galicia e artífice do cambio urbanístico do Madrid de primeira metade do século XX. As e os participantes percorrerán as rúas porriñesas para achegarse á vida, obra e ata aos monumentos dun personaxe moi vinculado ás canteiras e gran amante da súa terra.

O escape room partirá ás 10.30 horas da Praza do Concello do Porriño nunha ruta circular de dificultade moderada e accesible para todos os públicos. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural, convidou a todas as persoas a participar nestes xogos de escapismo ao aire libre, “que está a piques de chegar ao seu ecuador cun desafío que demostra como nunca como un produto turístico innovador como Eureka Reto Rural pode ofrecer unha oportunidade única para que as e os participantes conecten coa historia do noso territorio, celebrando e descubrindo a nosa valiosa herdanza cultural e patrimonial”.

Como destaca o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “Antonio Palacios foi moito máis ca un arquitecto, foi un ilustre porriñés que se atreveu a soñar ao grande e conseguiu consolidarse como un referente da arquitectura española do século XX. Foi alguén que deseñou unha Galicia moderna e un Madrid maxestuoso que respectaba o tradicional mentres se abría ao futuro. E o mesmo fixo na súa vila natal, deixándonos un valioso patrimonio que este ano, con motivo do 150 aniversario do seu nacemento e o centenario dunha das súas grandes obras, a nosa Casa do Concello, queremos poñer en valor.  Este xogo é unha oportunidade perfecta para descubrir O Porriño a través de Palacios e tamén para coñecer un pouquiño máis a súa vida e obra, por iso agradezo a EuRural e Xeodestino esta iniciativa e convido a todo o mundo a asumir o reto e xogar con nós!”

Próximos Eureka Reto Rural deste verán

As seguintes datas, concellos e temáticas dispoñibles tras O Porriño serán:

30 de xuño. Oia. ‘O mosteiro de Oia’.

6 de xullo. Gondomar. ‘O Conde no Camiño’.

12 de xullo. O Rosal. ‘O sector vinícola’.

14 de xullo. Fornelos de Montes. ‘Festa gastronómica da carne do Suído e da Chanfaina’.

20 de xullo. Tomiño. ‘Camiño da Nosa Señora do Norte’.

27 de xullo. Pazos de Borbén. ‘A emigración: As casas indianas’.

14 de agosto. Soutomaior. ‘María Vinyals’.

20 de setembro. Redondela. ‘A historia da nosa vila’.

Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos