Alejandro Lorenzo, novo alcalde do Porriño

Alejandro Lorenzo é o novo alcalde de Porriño.

O candidato do Partido Popular foi elixido alcalde como cabeza de lista da candidatura máis votada nas últimas eleccións municipais, en 2019, na sesión plenaria celebrada esta tarde.

Como houbo un empate a 8 votos entre Alejandro Lorenzo e Lourdes Moure, a candidata apoiada polo PSOE, BNG e Esquerda Unida, foi determinante a abstención do concelleiro Manuel Carrera, da UDDL.

Segundo establece a lexislación nestes casos, elíxese alcalde ao cabeza de lista da candidatura máis votada que foi o Partido Popular.

Tras completar o trámite de toma de posesión e entrega do bastón de mando, Alejandro Lorenzo realizou a súa primeira intervención como alcalde.

Amosou o seu recoñecemento e agradecemento a persoas “decisivas na miña vida política como Xosé Manuel Barros e Nelson Santos”, lembrou á xente do seu entorno familiar, dun xeito moi especial ao seu pai falecido, e agradeceu o apoio dos seus compañeiros de grupo municipal polo traballo realizado e apoio recibido".

Alejandro Lorenzo prometeu "máximo esforzo e traballo ao fronte do novo equipo de goberno para recuperar O Porriño".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos