Agardanse 450 participantes nas probas de bicicleta de montaña "Concello de Porriño" que organiza a “AD Avanza” nos Montes da Risca

A Asociación Deportiva Avanza, organizadora do evento, agarda acadar mañán sábado 450 participantes nas dúas probas de bicicleta de montaña que se celebrarán nos Montes da Risca, patrocinadas polo Concello de Porriño. Dese total, 250 serán nenos e nenas de ata 13 anos de idade inscritos para o “Trofeo Mini BTT Concello de Porriño” que se celebrará a partir das 10 da mañán. E por outra banda, estímase que haberá 200 participantes na proba “I Trofeo XCO Concello de Porriño” que agrupará a 200 participantes das categorías cadete, senior e master 50. Esta proba de bicicleta de montaña campo a través comezará ás 16,30 e rematará árredor das 19,30 coa entrega de premios segundo as previsions dos organizadores.Eva García, alcaldesa de Porriño, Julio Bernárdez, do Servizo de Deportes do Concello e Ricardo Maquieira, representante da AD Avanza realizaron a presentación acompañados por Adrián Maquieira, que será un dos participantes na proba infantil.

A organización destes eventos deportivos “reflicten o traballo de canteira que estamos a facer dende a Asociacion Deportiva Avanza que conta con aproximadamente 90 rapaces e rapazas, a meirande parte de Porriño, na súa escola de ciclismo, unha laboura que non seríamos quén de realizar senon fora polo importantísimo apoio económico do Concello de Porriño”, sinalou Ricardo Maquieira.“Estamos moi orgullosos dese traballo de formación que por iso apoiamos dende O Concello e que está en consoancia co apoio xeral ó deporte e en particular ó ciclismo que está tan vencellado a nosa cidade”, respostou Eva García de la Torre que desexou “moita sorte e bo tempo para o mellor desenrolo das competicions”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos