Aberto o prazo de inscricións para a décima edición do Tríatlon Concello do Porriño- Tui

Estará aberto ata o luns 10 de xuño ás 23.59 horas, ou antes se se completan as 350 prazas dispoñibles

O Porriño, 16 de maio de 2025.- O Tríatlon Concello do Porriño – Tui celebra este ano a súa décima edición, consolidándose como unha das probas máis destacadas do calendario galego. A cita terá lugar o domingo 15 de xuño de 2025 e forma parte do Circuíto Galego de Tríatlon, estando tamén aberta á participación popular, o que permitirá a triatletas federados e non federados desfrutar dunha xornada de deporte e convivencia nun entorno único.

O prazo de inscricións estará aberto ata  o luns 10 de xuño ás 23.59 horas, ou antes se se completan as 350 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da plataforma RockTheSport, accesible desde a páxina web oficial do evento ou desde a web da Federación Galega de Tríatlon.

A proba consta dun segmento de natación de 750 metros no río Miño, cun único percorrido, seguido dun tramo en bicicleta de 20,2 quilómetros que discorrerá entre Tui e O Porriño, e finalmente unha carreira a pé de 5 quilómetros, dividida en dúas voltas, que culminará na Praza Antonio Palacios do Porriño. A transición entre a natación e a bicicleta realizarase na Comandancia Naval do Miño, en Tui, e a segunda transición terá lugar na Avenida Domingo Bueno, xa no Porriño.

As tarifas de inscrición varían en función da licenza federativa. Os triatletas federados deberán abonar unha cota de 15 euros. No caso de participantes con licenza de un día, o custo será de 35 euros para maiores e 21 euros para xuvenís. Todos os participantes que completen a proba recibirán un agasallo conmemorativo.

Toda a información detallada sobre o regulamento da proba, os percorridos e aspectos organizativos pode consultarse nas webs oficiais da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.org) e do evento (www.triatlonconcellodoporrino.com).

Desde o Concello do Porriño e a organización do tríatlon animan a todas as persoas deportistas a participar nesta edición tan especial e a desfrutar dunha xornada que combina deporte, natureza e espírito de superación persoal.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos