Aberta a inscrición da XII Milla Porriñesa, que terá lugar o sábado 14

O Club de Atletismo Porriño organiza, coa colaboración do Concello, a XII Milla Porriñesa Festas do Cristo 2024 que terá lugar o sábado 14 de setembro ás 19:00 nas rúas da vila. Esta proba é unha das carreiras máis populares, que invita á participación de corredores/as non federados/as.

A presentación da Milla Porriñesa tivo lugar esta mañá na Casa Consistorial coa presencia do alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o presidente do Club, Miguel Novo Regueira, e o vogal, David Alonso Pregal.

Novo informa de que a inscripción é de balde e xa está aberta; pódese facer directamente na páxina do club atletismopor.com ata o 13 de setembro ás 23:59 h.

Como cada ano, hai probas para todos e todas. Ás 19:00 h comezarán os “pitufiños” de 2-4 anos, cunha distancia de 100 metros. Uns minutos máis tarde, co mesmo percorrido, será o turno dos “velocirraptores” de 5-7 anos. Os segurán os “esprinters” de 8-10 anos, cunha distancia de 400 metros. Os “correcamiños” de 11-14 anos correrán 800 metros. E xa a partir dos 15 anos en adiante, os corredores competirán na Milla Porriñesa, unha distancia de 1.609 metros, con saída e chegada na praza do Arquitecto Antonio Palacios. Esta categoría distinguirá aos veteranos/as A, 35-50 anos, e os veteranos/as B, maiores de 50 anos.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, anima a toda a veciñanza a participar: “non hai excusa, xa que hai distancias adaptadas a tódalas idades. A Milla Porriñesa é unha das probas deportivas máis emblemáticas das nosas Festas do Cristo, na que pode participar calquera que teña máis de dous anos de idade”.

Premios da XII Milla Porriñesa

Nas categorías infantís, os tres primeiros e as tres primeiras corredores obterán un trofeo. O resto dos participantes recibirán unha medalla conmemorativa.

Os tres gañadores e gañadoras absolutos da Milla Porriñesa recibirán sendos trofeos e bolas de pan do Porriño. Os tres primeiros e primeiras de cada subcategoría de veteráns, tamén levarán trofeo.

O Club de Atletismo Porriño crea escola

Con máis de 200 corredores federados, o club porriñés está enfocado a “facer escola” entre a cativada, coa intención de que os nenos e nenas aprendan xa de pequenos boas prácticas deportivas, adestramentos e estiramentos que os axuden ao longo da súa vida, e vaian, tamén, despertando o amor polo atletismo.

Novo comenta que todas as persoas interesadas son benvidas porque teñen grupos de todas as idades e niveis. “Cada vez hai máis persoas de mediana idade que empezan a practicar o atletismo desde cero e nós estamos aquí para guialos, axudalos a coller forza para evitar lesións, e acompañalos nos seus obxectivos particulares”, explica. “A primeira semana é de proba, de balde, e así a persoa xa se pode facer unha idea e decidir se quere continuar”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.