A Xunta Local de Seguridade aposta por reforzar a coordinación para unha resposta máis eficaz

A Xunta Local de Seguridade do Porriño, na que se atopan representados todos os corpos de seguridade que actúan no municipio, reuníuse onte  para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa seguridade.

Estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o tenente de Alcalde, Carlos Martínez, o asesor do subdelegado, Anxo Barros, o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil, Simon Venzal, o Capitán da Garda Civil do Porriño, o Inspector Xefe da Policía Local do Porriño, Daniel Rodríguez,  e representantes de ambos corpos.

A Xunta centrouse na análise da seguridade no Porriño e nos procedementos de colaboración, coordinación e cooperación entre os corpos e forzas de seguridade con presenza no Concello.

Neste senso, acordouse reforzar  o intercambio de información entre todos eles,  asegurar a coordinación operativa das actuacións co fin de conseguir unha maior eficiencia e eficacia na resposta.

O seguemento do protocolo VioGén, a raíz do convenio asinado entre o Concello do Porriño e a Comandancia da Garda Civil, a petición do Concello, foi outro dos puntos relevantes da xuntanza. Para abordalo con máis profundidade, pois trátase dun tema especialmente relevante para o executivo local, convocarase próximamente a Mesa local de coordinación contra a violencia de xénero.

“O Porriño é un concello seguro, vivo e dinámico no que estamos preaparados para garantir a seguridade da veciñanza”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E isto non podería ser así sen o encomiable labor da nosa Policía Local e da Garda Civil, aos aque agradezco enormemente o traballo que realizan”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria