A Xunta impulsa a creación de seis novas prazas públicas no centro de día de Aceesca

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA) acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade,  Fernándo González Abeijón.

Fabiola García anunciou durante a visita que a Xunta impulsou a creación de seis novas prazas públicas de atención no centro de día e con este incremento o total ascende a 36, que se suman a outras 37 prazas públicas no centro ocupacional. En total, o Goberno galego financia un total de 73 prazas nos centros de Aceesca no Porriño.

As persoas usuarias colaboran na xestión do punto limpo da localidade, coidan do seu invernadorio de plantas de temporada ou participan en labores de limpeza e xardinería. A conselleira destacou que Aceesca permite que as veciñas e vecinos do Porriño teñan a oportunidade de avanzar cara a plena inclusión.

Ademais do financiamento destas prazas, a Xunta colabora con esta asociación a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para a mellora e adecuación das súas instalación. Na última convocatoria, esta entidade percibiu 52.000 euros. Deste xeito o Goberno galego destina anualmente a Aceesca 800.000 euros para facilitar a súa labor.

Pola súa banda, o rexedor Alejandro Lorenzo reiterou o seu total respaldo a Aceesca e o apoio total do Goberno Municipal á importante labor social que desenvolven. “Unha das prioridades na liñas de goberno que nos marcamos é o benestar social e neste eido o labor de Aceesca é indispensable”, salientou Lorenzo, que agradeceu tamén á titular de Política Social a súa disposición a seguir colaborando con Aceesca e co Concello para que se poida dar un apoio integral ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

O alcalde explicou que, tal e como comprometera no día da súa investidura, xa se está xestionando un novo convenio con Aceesca que permita impulsar a súa actividade.

Novos proxectos

A directiva de Aceesca aproveitou a visita  para dar a coñecer os proxectos que teñen en marcha. Estes baséanse en dúas liñas principais: o emprego e o proxecto residencial que persigue, non só garantizar unha vida independente ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén promover a revitalización e recuperación da parroquia de Torneiros.

Tal e como explicou Dolores Muñíz, membro da Xunta directiva “temos unha aposta firme polo emprego, que se materializa no centro especial de emprego que se está construir no polígono industrial, centrado na formación dual e tamén pola vida independente das persoas con discapacidade”. “Temos as ideas e os proxectos pero precisamos a axuda das administracións para poder levalos a cabo”, concluíu Muñíz, “O centro residencial que proxectamos permitiría que as persoas con discapacidade intelectual puideran independizarse e vivir en comunidade cos apoios que precisan, e que, como calquera outra persoa, poidan chegar a onde queiran chegar".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos