A vindeira Feira do Libro de Porriño acollerá un "roteiro Antonio Palacios"

Oito stands de librarías, quince actos de presentacions, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará o vindeiro 9 de maio. Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas”  publicado recentemente por "Edicions Galaxia".

Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialista na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

A Feira do Libro amosa “a aposta cultural e pola educación que fai o Concello de Porriño desde que nós chegamos ó goberno municipal”, dixou Lourdes Moure, concelleira de Educación na roda de prensa de presentación celebrada hoxe que compartiu co Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves. O delegado da Xunta salientou que “feiras como esta de Porriño contribuen como instrumento para promocionar a lectura xa que ainda Galicia está por debaixo da media de España”.

Este ano o lema da Feira é “Máis que palabras” no que constitue unha pequeña homenaxe a Antón Fraguas, o autor que este ano lembramos co gallo do Día das Letras Galegas, segundo explicou Nani Ferreira, coordinadora de ferias da Federación de Librarías de Galicia.

A Feira abrirá ás casetas o xoves 9 de maio ás 19 horas. Coa lectura do pregón a cargo da escritora mosense Clara Do Roxo. Coma sempre, estableceránse na rúa peonil Ramón Gónzalez en horarios de mañán e tarde.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos