A veciñanza do Porriño aprende a salvar vidas

O Concello organizou unha nova sesión práctica de RCP da que que participaron máis de 40 persoas

A boa acollida da actividade fai que se programe outra nas vindeiras datas

O Porriño, 18 de agosto de 2025.– Co obxectivo de capacitar á cidadanía e mellorar a súa capacidade de resposta en situacións de emerxencia, o Concello do Porriño organizou esta tarde unha sesión práctica de reanimación cardiopulmonar (RCP) aberta a toda a veciñanza.

Foron máis de 40 persoas as que amosaron o seu interese por participar desta actividade que, trala gran acollida, volverase a repetir e así o amosou a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, asistente tamén á sesión celebrada na sala de usos múltiples do polideportivo municipal. “Completouse a cota prevista de participación, foi un éxito total, por iso repetirase en vindeiras datas”, sinalou a edil quen agradeceu tamén aos profesionais do sistema sanitario pola clase impartida. Estes achegaron os coñecementos clave, tanto teóricos como prácticos, para actuar con seguridade ante situacións de risco vital, como é o caso dunha parada cardiorrespiratoria.

O alcalde Alejandro Lorenzo indica que “estamos comprometidos co benestar da nosa xente, e actividades como esta de reanimación cardiopulmonar son unha mostra de que, ademais de atender as necesidades sanitarias, tamén debemos formar a nosa veciñanza para que poidan actuar con seguridade e eficacia en momentos de emerxencia. A gran acollida desta sesión demostra o interese da cidadanía por mellorar a súa preparación e, por iso, seguimos apostando por este tipo de formacións que contribúen á prevención e á saúde comunitaria".

Esta actividade enmárcase dentro da estratexia do Concello en prevención, saúde comunitaria e formación cidadá, consolidando a imaxe dun Porriño preparado e comprometido co benestar da súa xente.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.