A UNED estrea estudos de grao no Porriño coas titulacións de Socioloxía e Traballo Social

O prazo de admisión e matrícula está aberto ata o 23 de outubro

Celebrará en setembro unha xornada de portas abertas

Continúan os cursos de extensión universitaria

A aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) no Porriño estrea oferta formativa co comezo de curso. Así, neste 2023/2024 impartirá dous graos, o de Socioloxía e o de Traballo Social.

Cúmprese, deste xeito, un dos compromisos adquiridos e expostos na xornada inaugural, o pasado mes de marzo, desta aula localizada fisicamente no Multicentro de Torneiros. Alí disponse de seis salas nas que se desenvolve toda a actividade da UNED dende outubro de 2022, acollendo ata o de agora unha ampla oferta de cursos de extensión universitaria nos que se matricularon máis de 150 persoas.

O prazo de admisión e de matrícula para estes dous estudos de grao permanecerá aberto ata o 23 de outubro. Antes, o vindeiro mes de setembro, celebrarase unha xornada de portas abertas de divulgación e participación nas actividades da UNED en Porriño, dando oportunidade tamén de sumar ideas e propor suxestións de cara a unha futura oferta formativa da UNED na que se inclúe dende o acceso á universidade a graos, graos combinados, microtítulos, másteres e doutoramentos, idiomas, UNED senior, formación permanente e extensión universitaria.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, congratúlase do crecemento da oferta formativa da aula da UNED na capital da Louriña e reafirma “o compromiso do Concello co sostemento e financiamento deste centro na nosa vila, xa que desenvolve un importante labor no eido cultural, social e empresarial do municipio”. O rexedor pon en valor o carácter vertebrador da UNED, que facilita o acceso ao ensino universitario e achega a educación superior á veciñanza de fóra das grandes cidades. “Eu creo firmemente nunha educación pública e de calidade, e contar con esta aula no Porriño contribúe a facelo posible”, asegura á vez que tamén destaca  “a ferramenta que supón para as máis de 2.000 empresas que temos no Porriño ás que convido a participar da traxectoria da UNED de cara a cualificar aos profesionais nas áreas que se precisen”. Neste senso, e atendendo a unha das demandas do mercado laboral máis próximo, “estase a estudar a posibilidade de impartir un curso de soldadura”.

Extensión universitaria

De xeito paralelo a estes dous graos e ás titulacións que nun futuro se irán incorporando, continuarán desenvolvéndose diversas actividades de extensión universitaria, que son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos... impartidos baixo a metodoloxía da UNED e encamiñadas á expedición dun diploma ou certificado.

Neste curso 2023/2024 impartirase Reforzo exame ESO adultos, Lingua de signos española e Inglés. O primeiro deles é de asistencia presencial, do 3 de outubro ao 31 de maio, os martes, mércores, xoves e venres de 18.00 a 21.00 horas e os sábados en horario de mañá, de 10.00 a 13.00; as persoas interesadas deben inscribirse en liña a través da páxina web da UNED e é gratuíto para a veciñanza do Porriño.

Os cursos de Lingua de signos española (nivel II) e o de Inglés II poden realizarse presencial ou on line, requiríndose tamén inscrición previa por internet, o de lingua de signos realizarase do 25 de setembro ao 30 de outubro (os luns e xoves de 18.00 a 21.00 horas) e o de inglés do 6 de outubro ao 15 decembro (os venres de 18.00 a 21.00 horas).

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos