A rúa San Sebastián, máis preto de converterse nun espazo accesible e renovado

Os traballos de humanización da rúa San Sebastián finalizarán nun mes e medio, transformando a zona nun espazo máis accesible, moderno e pensado para as persoas.

Se está a traballar nunha nova actuación, para a que se buscará financiamento, co obxectivo de crear unha praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián, avanzando así cara á humanización completa da zona.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou esta mañá as obras de humanización que se están a executar na rúa San Sebastián. Acompañado polos concelleiros de Vías e Obras, Ramón Porto, e de Parques e Xardíns, Carlos González, o rexedor comprobou o bo ritmo no que avanzan os traballos, que están a desenvolverse conforme ás condicións establecidas no contrato.

Lorenzo destacou a importancia desta actuación para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza. "Estamos a transformar esta rúa para que pase de ser un espazo deteriorado e inseguro a converterse nun lugar accesible, moderno e funcional, pensado para as persoas e para fomentar a convivencia. Este proxecto reflicte o noso firme compromiso cun modelo de desenvolvemento urbano sostible, que mellore a calidade de vida da veciñanza e poña en valor os espazos públicos.", sinalou.

A obra, cun orzamento inicial de 537.384 euros e adxudicada por 472.791 euros, supón a primeira fase dun proxecto integral que conecta a rúa San Sebastián coa peonil de San Bieito e co antigo Campo da Feira. Entre as intervencións en marcha destacan a renovación das redes de saneamento e abastecemento, a reorganización do tráfico e do aparcamento, a mellora da iluminación, e a creación dunha nova praza pública con zonas verdes e de lecer.

O alcalde resaltou que a humanización da rúa San Sebastián, principal acceso do Camiño de Santiago ao centro urbano de O Porriño, busca potenciar a mobilidade peonil e mellorar a conexión entre espazos patrimoniais clave. "Esta actuación enmárcase na nosa aposta polo poder socializador do espazo público. Queremos que sexa un lugar de encontro para veciños e peregrinos, que realce o patrimonio e fomente o uso dos espazos públicos", engadiu Lorenzo.

Ademais, o rexedor destacou que se está a traballar nunha nova actuación, para a que se buscará financiamento, co obxectivo de crear unha praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián, avanzando así cara á humanización completa da zona. Este espazo contará con pérgolas vexetais, mobiliario urbano e zonas de descanso. “Seguimos traballando para que O Porriño sexa unha vila inclusiva, con espazos públicos de calidade que promovan a convivencia e a vida en comunidade. O noso obxectivo é construír un Porriño máis humano, sostible e accesible para todos e todas”, afirmou o alcalde. 

As obras, que se iniciaron en setembro de 2024, avanzan ao ritmo previsto e consolidan O Porriño como un referente en políticas de humanización e sustentabilidade urbana, reafirmando o compromiso do Concello coa mellora da calidade de vida da cidadanía. Prevese que os traballos estean finalizados dentro de mes e medio, cumprindo os prazos establecidos.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria