A Praza Arquitecto Antonio Palacios convértese nunha sala de cine

O Concello do Porriño retoma este sábado a súa programación ca sétima arte ao aire libre

O domingo nova cita cos inchables acuáticos e dobre festa da espuma

O Porriño, 14 de agosto de 2025.- Unha fin de semana máis, continúa a programación cultural e festiva no Concello do Porriño. A praza Arquitecto Antonio Palacios converterase nunha sala de cine ao aire libre para proxectar a película “Amigos imaginarios”. Será o sábado, día 16, a partir das 20.30 horas. "Queremos que o Porriño sexa un lugar de encontro, de cultura e de lecer toda a familia. Con iniciativas como estas achegamos a sétima arte a nenos e maiores nun espazo tan simbólico como a praza Arquitecto Antonio Palacios. É unha maneira de vivir o verán dende a rúa, coas persoas, e cunha programación pensada para desfrutar xuntos”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo.

O domingo 17, como todos os dos meses de xullo e agosto, instalaranse un tobogán xigante e inchables de auga para refrescar a tarde aos máis pequenos da casa rematando con festa da espuma. Será de 17.30 a 20.00 horas.

Festas nas parroquias de Atios e Torneiros

As parroquias de Atios e Torneiros celebran estes días as súas festas da Virxe da Guía e San Roque, respectivamente. En Atios as actividades comezan xa hoxe, ás 20.00 horas, con animación infantil, ás 21.30 horas actuará a Asociación Cultural Os Penediños de Atios e a continuación O Son do Furancho e a charanga SDK. Mañá, día grande da festa, ás 11.30 horas sairá a procesión dende a igrexa parroquial ata a capela da Guía, onde se oficiará a misa solemne ás 13.00 horas. O regreso das imaxes á igrexa será logo ás oito do serán e pola noite verbena amenizada pola orquestra La Ola ADN e o grupo Bahía con José Costas.

As Festas de San Roque de Torneiros inícianse mañá coas actuacións do dúo Estelar e o grupo La Patrulla. O sábado 16 será o día grande con pasarrúas ás 10.00 horas a cargo da Banda de Música do Porriño, que ofrecerá a continuación un concerto; ao mediodía misa solemne con precesión; ás 20.00 horas actuación da Banda de Acordeóns Metropolitana e pola noite verbena cos grupos Distrito 7 e La Tremenda. Para rematar, o domingo 17, ás 12.00 horas misa solemne con procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Agarimo de Torneiros; pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, festa da espuma e broche final a cargo das orquestras Suavecito e Costa Dorada.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.