A "Porriño 10-K" supera os 600 inscritos camiño de acadar os 1500 participantes

Ao longo deste luns xa superouse a barreira dos 600 inscritos "o que supón un bo ritmo", segundo as previsións da Concellería de Deportes e do Club de Atletismo Porriño que agardan nestas dúas semanas que medre o número de participantes na segunda edición da “Porriño 10k”. Esta carreira pedestre pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.

A proba terá lugar o 15 de marzo. A inscrición realizase a través da páxina web de championchipnorte.com.

Nas dúas imaxes adxuntas amosamos a camiseta técnica de asas (de cor laranxa) que recibiran como agasallo todos os inscritos. Que previamente deberán aportar un kilo de alimentos non perecedoiros para "SOS Porriño". E a sudadeira de cor limón será para os cen voluntarios que colaborarán a manter a orde durante a proba.

David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño manifestou que o traballo de ese cento de voluntarios "temos que agradecelo de xeito moi especial porque son vitais para garantir a seguridade de todos os participantes”.

“Porriño 10K” naceu en 2019 como consecuencia da desaparición da sua predecesora, a “Interrunning”. Este ano vanse mellorar diversos eidos na loxística da proba.

A zona de saída e meta que estará sitúada na praza do Concello tamén acollerá un espazo de avituallamento onde todos os participantes recibirán alimentos diversos elaborados coa colaboración das panaderías porriñesas. Tamén haberá un arco de meta con leds, un camión pódium e unha pantalla xigante para seguir a retransmisión en “streaming” que se realizará da proba con duas cámaras movis e outra fixa na praza.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos