A paixón polo Ciclismo Base volve ao Porriño co "43º Trofeo Horacio Barros"

O 1 de maio, o Parque de Torneiros no Porriño acollerá o 43º Trofeo Horacio Barros, reunindo ciclistas de base nunha xornada de deporte e convivencia.

O Porriño, 29 de abril de 2025.- O Concello do Porriño acolleu esta mañá a presentación do 43º Trofeo Horacio Barros, unha das citas máis destacadas do ciclismo base galego. No acto estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e o propio Horacio Barros, figura histórica do ciclismo na comarca. Tamén asistiron Juan José Álvarez, presidente do club organizador Master da Louriña, Rafa Pérez, patrocinador do evento, así como un grupo de novos ciclistas de base que tomarán parte na competición.

Durante a presentación, o alcalde Alejandro Lorenzo subliñou a importancia desta cita deportiva para o municipio: "O Trofeo Horacio Barros é un orgullo para O Porriño, non só pola súa longa traxectoria, senón tamén polos valores que representa: esforzo, superación e compañeirismo", destacou.

O Trofeo, que se celebrará o próximo 1 de maio no Parque de Torneiros, reunirá a ciclistas das categorías promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e júnior feminina. A competición comezará ás 10:00 horas, sucederanse distintas probas adaptadas a cada categoría e culminará coa entrega de premios prevista para as 13:15 horas.

Neste sentido, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou o esforzo organizativo e o valor desta cita para o deporte local: "Non é só unha competición, é unha festa para as familias e un impulso ao deporte base, onde se sementan os soños dos futuros campións", afirmou.

A presentación tivo tamén un momento emotivo no que se recoñeceu a figura de Horacio Barros, pioneiro e promotor do ciclismo na comarca da Louriña, cuxo legado continúa a inspirar ás novas xeracións. A presenza dos novos ciclistas de base no acto deu un simbolismo especial á xornada, reforzando o espírito de continuidade e ilusión que define este trofeo.

Desde o Concello do Porriño anímase á cidadanía a achegarse o 1 de maio ao Parque de Torneiros para apoiar ás futuras promesas do ciclismo e gozar dunha xornada de deporte, convivencia e entusiasmo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria