A Interrunning presenta un circuíto renovado, máis urbano e atractivo

A inscrición para esta carreira que unifica deporte, empresa e solidariedade segue aberta ata o día 17 de setembro

O Porriño, 22 de agosto de 2025.- A menos dun mes para a celebración da CAE Interrunning 2025, dende o Concello do Porriño anúnciase un cambio significativo no percorrido respecto de edicións anteriores. Un 40% do circuíto será novo, “mantendo o seu carácter rápido pero gañando atractivo visual, achegando a carreira ao corazón urbano do Porriño”, indican dende a organización da proba.

O novo trazado percorrerá as zonas recentemente acondicionadas polo Concello. Con esta modificación, a proba mantén a esencia que ha caracteriza dende os seus inicios: innovación, imaxe e excelencia organizativa. “O circuíto anterior converteuse en un dos 10K máis rápidos de Galicia, o obxectivo para este 2025 é conservar esa velocidade e fluidez, engadindo o valor dun escenario urbano máis atractivo e con maior visibilidade”.

A cita deste ano integra a que sería a terceira Carreira de Empresas de Galicia e a XIV edición de Interrunning, coas probas de 10 e 5 quilómetros, ademais das carreiras infantís e da tradicional andaina.

O alcalde Alejandro Lorenzo lembra que “estamos ante un evento único en Galicia, que unifica deporte popular, cultura empresarial e compromiso solidario”. E é que parte dos fondos recadados destinaranse a Aceesca, Afaga e á Asociación Española contra o Cancro. "A Interrunning é moito máis ca unha carreira, estamos moi orgullosos de acoller un evento que promove hábitos saudables, visibiliza o compromiso social e dinamiza o centro urbano do Porriño. Con cada edición, damos un paso máis cara a excelencia.”

A día de hoxe son centos as persoas xa anotadas e dende a organización espérase acadar os dous milleiros. As inscricións seguen abertas a través da páxina web www.emesports.es ata ás 20.00 horas do día 17 de setembro.

A proba celebrarase o domingo 21 de setembro. Ás 09.30 horas arrancará a Andaina Antonio Palacios de 8 quilómetros, ás 11.30 horas será a saída das competicións 5K e 10K, da cales se poderá participar de xeito individual, en parellas ou en equipo de tres e ás 12.45 e 12.50 horas celebraranse as carreiras infantís de Pitufos e Chupetes. Trala entrega de premios terá lugar unha “after run party” aberta a todo o público, con música, regalos e moito ambiente festivo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.