A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo de matrícula para o curso 2025/2026

O Porriño, 6 de xuño de 2025. – A Escola Municipal de Música do Porriño anuncia a apertura do prazo de matrícula para o curso académico 2025/2026. A formalización das inscricións realizarase entre os días 9 e 20 de xuño, no primeiro andar da Escola (Centro Cívico da avenida Domingo Bueno, 13), a partir das 16:00 horas.

A inscrición estará organizada en dúas fases:

- Do 9 ao 20 de xuño: matrícula para o alumnado xa inscrito durante o curso 2024/2025.

- Do 16 ao 20 de xuño: matrícula para novo alumnado, sempre que haxa prazas dispoñibles.

A Escola recomenda que só acuda unha persoa por estudante para realizar o trámite, e no caso de familias con varios membros, que sexa unha única persoa representante.

A folla de matrícula debe recollerse previamente nas instalacións da Escola e poderá entregarse de dúas maneiras:

- Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello do Porriño (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).

- Telematicamente, a través da sede electrónica do Concello.

A listaxe co nome, día e hora do alumnado matriculado publicarase o 1 de setembro de 2025 na EMMUS e tamén na porta do Centro Cultural Municipal (Biblioteca).

A semana do 8 ao 12 de setembro, realizarase a elección de horarios de instrumento, convocando ao alumnado por especialidade e respectando a orde de matrícula. Desde a dirección da Escola insístese na importancia da puntualidade e de levar anotadas varias opcións de horario para facilitar o proceso.

A oferta formativa da Escola inclúe:

Música e movemento (a partir dos 4 anos).

Linguaxe musical para todas as idades.

Especialidades instrumentais como: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.

A Escola Municipal de Música tamén ofrece a posibilidade de participar nas súas agrupacións:

Banda de Música

Mini Banda do Porriño

Orquestra de Corda

Grupo de Música Tradicional

Conxunto de Guitarras

Coral Infantil

Coral Polifónica de Adultos/as

As clases do novo curso comezarán o 15 de setembro de 2025 no edificio do Centro Cívico.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse directamente á Escola Municipal de Música ou consultar a web oficial do Concello do Porriño.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria