A EDAR de Guillarei adiántase aos obxectivos europeos e acada un récord de autoconsumo enerxético

Logra cubrir o 50% do seu consumo enerxético mediante fontes renovables propias, superando o 30% establecido pola directiva europea para 2030 e moi preto do 60% marcado para 2040

O presidente do Consorcio Aguas do Louro e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo destaca o logro como un paso firme cara á sustentabilidade e a autosuficiencia enerxética

O Porriño, 12 de agosto de 2025.- O Concello do Porriño pon en valor o importante logro da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, pertencente ao Consorcio Augas do Louro, que durante o primeiro semestre de 2025 conseguiu cubrir o 50 % do seu consumo eléctrico con enerxía renovable xerada nas súas propias instalacións, marcando un récord de autoconsumo e adiantándose aos obxectivos marcados pola Directiva Europea 2024/3019, que fixa para 2030 que estas estacións cubran polo menos o 30% do seu consumo con renovables. “A nosa planta non só superou esa cifra cinco anos antes, senón que xa se achega ao seguinte fito do 60% marcado para 2040”, puntualiza Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño e presidente do Consorcio, que integra aos concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda.

Neste sentido, Lorenzo destaca que “estamos dando pasos firmes cara á sustentabilidade e a autosuficiencia enerxética. Este récord amosa que a neutralidade enerxética no tratamento de augas residuais é unha realidade alcanzable con compromiso e tecnoloxía”. O compromiso do Consorcio Augas do Louro é claro: seguir investindo e innovando para acadar a neutralidade enerxética total antes de 2045 e consolidar un modelo de economía circular na xestión da auga.

Enerxía solar fotovoltaica e biogás

Este avance foi posible grazas, por unha parte, á enerxía solar fotovoltaica, cunha produción de 244.502 kWh mediante os paneis instalados nas súas instalacións; e, por outra, á xeración de 868.575 kWh ao a partir do biogás obtido no proceso de dixestión anaerobia dos lodos de depuración.

Ademais, con esta enerxía limpa producida evitouse a emisión de máis de 257.000 quilogramos de CO₂, á atmosfera, contribuíndo de forma significativa á loita contra o cambio climático.

O alcalde asegura que “para O Porriño este avance supón un paso máis cara a un territorio máis sostible e preparado para os retos ambientais do futuro”. Desde o Concello do Porriño ponse en valor este gran exemplo de innovación, compromiso ambiental e transición ecolóxica, que coloca a nosa comarca á vangarda no tratamento sostible da auga.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.