A Coral San Blas de Budiño organiza o seu XIX Concerto de Corais

O Círculo Recreativo Cultural acollerá mañá o XIX Concerto de Corais organizado pola Coral Polifónica San Blas de Budiño en colaboración co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.

Ademais da coral anfitriona, no certame participarán a Coral GLI Amici Appassionati, de Vigo, e a agrupación de San Blas Abesbatza, de Burlada, Navarra.

A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

Coral GLI Amici Appassionati

Este coro xurdiu despois de formar o coro de nenos I Bimbi Appassionati co lema de “Coro de pais e amigos de Appassionati”. Así comezou a súa andaina ata adquirir a calidade que hoxe mostran. As seus principais características son o seu esforzo e bo humor, sempre contaxiosos.

Realizaron o seu primeiro concerto o 30 novembro 2019, na Concatedral de Vigo, arroupados e apadriñados por Gli Appassionati. A partir de entón son moitas e moi variadas as actuacións realizadas. Contan mesmo con algunhas actuacións fóra de Galicia, en lugares como na cidade de Málaga ou Nerja.

San Blas Abesbatza

Nace en 1984 na parroquia do mesmo nome. Colabora nas actividades que levan a cabo tanto na parroquia como en Burlada. As súas actuacións esténdense por toda Euskal Herria, Cantabria, A Rioxa, Aragón etc.

Participou en importantes concertos, por exemplo a Semana Musical Hilarión Eslava de Burlada, no Advento Musical de Viena…etc.

Coral Polifónica San Blas de Budiño

Fundouse no 2004 por un grupo de amigos que sen ter coñecementos de música ou solfeo conseguiron formar unha coral cuxa especialidade naquel entón era cantar misas en latín, posteriormente tamén en galego.

Actuando en misas solemnes e outros actos relixiosos, en distintos lugares da provincia de Pontevedra. Participación en diversos encontros de corais organizados pola Deputación provincial en distintos lugares da provincia, sen esquecer outras actuacións na Coruña. E dentro do ámbito Nacional, asistiu a encontros de corais en Asturias en varias ocasións, en Biscaia e en Sevilla.

Participou no festival Coralba, “Espertar cantando”, en Collado Villalba, Madrid, no verán do presente ano. No mesmo verán, gran concerto realizado, coa colaboración do Concello do Porriño e como primeira experiencia conxuntamente, coa Banda de Música de Alcalá de Guadaira, Sevilla, en Salceda de Caselas e no Porriño, estreando obras de zarzuela e unha obra clásica como Nabucco.

O seu repertorio comprenden cancións de estilos diversos. Está composto por 47 membros e a súa directora e Marisa González Monroy.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos