A Concelleira de Festexos presentou "Trivium", un concurso de "trivial' sobre coñecemento do Porriño que se desenvolverá durante as Festas do Cristo

"Trivium Porriño" será un xogo xigante similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Trátase dunha nova proposta de lecer que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, que se desenvolverá durante as Festas do Cristo e presentouse hoxe en roda de prensa na Biblioteca Municipal.

A concelleira explicou que se trata dunha réplica adaptada ao Porriño. “A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, sinalou Cami Moreira.

Xogarase durante os días 19, 24 e 25 de setembro (datas de clasificación) e o 2 de outubro será a partida final. En todas as quendas, as partidas serán na Praza do Cristo onde se habilitará un escenario e cadeiras tamén para o público que queira asistir.

Os equipos estarán formados por dúas persoas. Os premios serán para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

Competirán 16 parellas que serán elixidas mediante un vídeo pequeno de 30 segundos máximo contando o porque do seu interese en participar no "Trivium" e que deberán subir ás súas redes sociais de Facebook e Instagram etiquetando co  cancelo # TriviumPorriño e etiquetar á páxina de Facebook Trivium Porriño ou do perfil de Instagram @ triviumporriño.

A concelleira de Festexos e Cultura apelou a que esta convocatoria “é unha excelente oportunidade para formar parellas interxeneracionais entre avós e netos, por exemplo, que combinen os seus coñecementos da historia, cultura e demais eidos da vidas porriñesa coa habilidade para manexarse nas redes sociais”.

A idade mínima para participar é de 16 anos.

As parellas seleccionadas serán as que acaden máis me gustas nos seus vídeos cando se faga o reconto que será o 14 de setembro ás 15:00 horas. “A partires de hoxe mesmo, 20 de agosto, poden inscribirse subindo os vídeos ás súas redes sociais etiquetando cos cancelos devanditos para acadar o maior número posible de ‘likes’”, manifestou Joaquín Rodríguez, responsable de “Especialistas Hípica Celta”. Esta empresa colabora coa Concellería de Festexos o desenvolvemento desta nova iniciativa xunto coa Oficina Municipal de Información á Xuventude, OMIX do Porriño.

Segundo explicaron hai preparadas 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura para máis información.

https://ecultura.net/concurso-de-preguntas-trivium/

"Trivium Porriño" será un xogo xigante similar ao "Trivial" pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Trátase dunha nova proposta de lecer que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira e que se desenvolverá durante as Festas do Cristo.

Xogarase durante os días 19, 24 e 25 de setembro ( datas de clasificación ) e o 2 de outubro será a partida final na Praza do Cristo. Os equipos estarán formados por dúas persoas. Os premios serán para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

Competirán 16 parellas que serán elixidas mediante un vídeo pequeno de 30 segundos máximo contando o porque do seu interese en participar no "Trivium" e que deberán subir ás súas redes sociais de Facebook e Instragram etiquetando co cancelo # TriviumPorriño e etiquetar á páxina de Facebook Trivium Porriño ou do perfil de Instagram @ triviumporriño. As parellas seleccionadas serán as que acaden máis me gustas nos seus vídeos cando se faga o reconto que será o 14 de setembro ás 15:00 horas. A idade mínima para participar é de 16 anos.

Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura para máis información.

https://ecultura.net/concurso-de-preguntas-trivium/

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.