A concelleira de Educación, Lourdes Moure garante que o Concello manterá a sua colaboración co "Certame Roberto Vidal Bolaño"

A concelleira de Educación, Lourdes Moure presidiu o acto de presentación da obra "A sombra das árbores" de Ana Abad de Larriva, gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.No acto celebrado no Centro Cultural Municipal de O Porriño, asistiron ademáis da concelleira e da autora asistiron Francisco Castro, director de "Editorial Galaxia" e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario "Ribeira do Louro" .

O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presentou no Porriño.

Na súa intervencion, a concelleira de Educación lembrou que "a finalidade primordial deste Certame Roberto Vidal Bolaño é fomentar a escrita de textos teatrais en galego, dirixidos ó alumnado de Ensino Secundaria e Bacharelato e que poidan ser susceptibles de ser representados polos propios estudantes".Lourdes Moure engadiu que "o Concello de O Porriño acordou este ano reforzar o seu apoio a celebración deste Certame e imos mante-lo para o ano que ven cando celebremos a terceira edición" manifestou a concelleira de Educación.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos