A Biblioteca do Porriño sigue liderando en Galicia con 9.200 usuarios, máis de 2000 préstamos mensuais e máis de 45.000 visitas ao ano

No mundo das bibliotecas, o principal indicador de eficacia é o número de préstamos e o número de usuarios. Estes datos soen amosar a boa saúde, ou non, do servizo bibliotecario.

Nos últimos tempos estase a notar en España un descenso xeral destes indicadores, debido principalmente á competencia dos contidos dixitais e doutras formas de ocio por parte dos cidadáns.

Esto obriga ás bibliotecas a buscar novos servizos para seguir xogando un papel destacado na sociedade.

Pero isto non parece afectar á multipremiada Biblioteca do Porriño, que ademais de ofrecer tamén novos servizos (como a recente inauguración da Sala de Estudo Municipal) e contidos dixitais (ebooks a través da plataforma GaliciaLe, películas na plataforma eFilm, implementación da nova app RBGalicia que inclúe o carné dixital...), leva anos encabezando o ranking galego de usuarios e número de préstamos por habitante. E as cifras seguen en contínuo ascenso, ano tras ano.

Con respecto ao número de préstamos, nos dous últimos anos incrementouse nun 25%, prestando unha media de 2374 exemplares ao mes, destacando meses como o pasado xaneiro onde se chegaron a prestar case 2700 exemplares. E con respecto ao 2006 anótase un espectacular incremento dun 1.722% no número de préstamos. A biblioteca porriñesa presta hoxe nun día case o mesmo que no 2006 prestaba durante todo un mes.

“Este éxito débese ao contínuo traballo por ofrecer unha colección actualizada, atractiva e viva, onde se prima o uso dos libros por riba da súa acumulación, onde se coida a xestión da colección basada nos datos e as persoas, e onde se concede gran importancia ás novidades e recomendacións de lectura, moi apreciadas polos usuarios”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, agradecendo o enorme labor que realiza o persoal da Biblioteca e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, “O labor dos nosos bibliotecarios é encomiable e xunto co concelleiro Beni conforman ese equipo capaz de levar a nosa biblioteca ao máis alto”.

Con respecto ao número de usuarios, a biblioteca porriñesa ten rexistrados a día de hoxe un total de 9.224 persoas usuarias, é dicir, case o 50% da poboación censada no concello. Un incremento do 330% desde 2006 e unha cifra espectacular a nivel galego e español, que destaca aínda máis se sumamos o uso que fan da biblioteca porriñesa os cidadáns da contorna: un 30% do volume do servizo corresponde a cidadáns de Mos, Vigo, Ponteareas e Tui.

O rexedor concluíu indicando que dende o Concello do Porriño continuarán apostando por “unha xestión encamiñada a que a veciñanza de todas as idades inclúa a lectura nos seus hábitos culturais e de ocio. Que a vivan e a disfruten”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos