A alcaldesa pondera o acordo político acadado para desbloquear a xestión financieira do Concello como o maior logro deste primeiro semestre do mandato

O goberno municipal de O Porriño que preside Eva García de la Torre acadou desbloquear a xestión financiera do Concello e pagar proveedores entre os que hai numerosas pymes e autónomos que tiñan facturas pendentes así como a diversas empresas e suministros que tiñan sentenzas xudiciais. Realizaronse pagos por un importe de 3 millóns de euros, aboados no mes de decembro.

“Un bloqueo que non viña dado por unha insolvencia económica ou falta de líquidez do Concello senón que era consecuencia dunha obstrucción política a cargo do Partido Popular” segundo explicou Eva García.A alcaldesa ponderou que ese desbloqueo “foi posible grazas o acordo entre as mesmas forzas políticas que apoiaron a miña investidura (PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera) que fomos quen de derrotar ó PP que incluso pretendía colapsar o Concello cunha revisión xeral de oficio de toda a facturación que se ten amosada completamente innecesaria” dixou Eva García.

Eva García agradeceu “de xeito moi especial” o esforzo e compromiso dos funcionarios municipais que traballaron de xeito denodado neste último treito do ano, incluso o 31 de decembro para pagar o máximo de facturas que tiñan crédito e polo tanto podían aboarse”.

ONCE PLENOS E PRINCIPAIS XESTIÓNSDurante este primeiro semestre do mandato, a corporación porriñesa celebrou 11 plenos dos que “tres foron extraordinarios requeridos polo PP e o resto, a iniciativa deste goberno municipal o que desminte calquera pretendida inacción do Concello”, engadiu a rexidora.

Entre os logros deste goberno municipal no primeiro semestre do mandato “é precisamente a aprobación definitiva da RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello que vai supoñer unha mellora da organización da plantilla e unha notable dignificación das condicións salariais dos traballadores deste concello”, indicou Eva García.

Ademaís durante estes seis meses, o goberno municipal porriñés prolongou as xestións co ADIF para a supresión do paso a nivel ferroviario, proxecto en licitación en decembro; intensificou coa Xunta de Galicia as xestións para a ampliación do Centro de Saúde e para a reforma da travesía de A Vaquería, proxectos que agora dependen da administración autonómica para a súa execución; e coa Zona Franca acadou acordos para retomar a construcción dunha gardería no polígono da Granxa e agarda o avance e execución do proxecto da Cidade do Transporte.Asimesmo o goberno municipal, a través das xestións da Concellería de Infraestructuras acadou un principio de acordo con ACEESCA para a cesión dun solar municipal onde construir o centro de formación dual, que en breve se plasmará.

Entre outras realizacións deste primeiro intre do mandato, a Concellería de Seguridade destacou a dotación de desfibriladores e demáis equipos “DESA” nos vehículos da Policía Local; a realización do curso de conducción segura que recibiron 200 porriñeses e porriñesas e os cursos de primeiros auxilios impartidos nas asociación de veciños do concello. Asimesmo resolveuse o problema de seguridade nas canteiras fora de producción que acadou o seu punto álxido en verán.

Por último nestes primeiros seis meses constituironse co consenso de toda a corporación as Comisións para a Descontaminación por Lindano e para o Deslinde con Mos que deberán dar os seus primeros pasos no 2020.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria