A alcaldesa entregou na Aula CeMIT do Porriño os diplomas ás veciñas e veciños que adquiriron coñecementos en OpenCart, deseño con Qcad, edición ou creación de páxinas web con Wordpress

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Benestar, Igualdade e Emprego, Soledad Girón, fixo entrega este xoves na  Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do Porrriño, dos diplomas aos alumnos a alumnas que participaron nos talleres programados dende o mes de xuño.

A oferta formativa impartida, foi  moi variada; Iniciación á informática (2 edicións), Edición de imaxes con Gimp, Google APPS,  Deseño con Qcad, Crea a tua tenda virtual con OpenCart, Creación de páxinas Web con Wordpress, Libre Office Base, Libre Office Calc,Ofimática con Libre Office- CODIX, e Microsoft Office Word.

A aula CeMIT impartiu máis de 220 horas de formación gratuíta, da que se beneficiaron 62 veciños e veciñas do Porriño que tiveron, así, a ocasión de mellorar non so os seus coñecementos nestes eidos, senón de mellorar as súas posibilidades de empregabilidade.

Este é, como insiste a alcaldesa, o obxectivo “principal”, da xestión do actual Goberno Municipal: “a diminución do paro no Porriño incrementando as accións, proxectos e iniciativas formativas que, como sinalan os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, permitíronos reducir o desemprego en 500 persoas e baixar o mesmo na nosa vila de máis do 24 ao 18,6%”

A Rede CeMIT , como indica Ana María Pérez Martínez, responsábel desta aula no Porriño,  configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega.

A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria